Palermo

comuna italiana

Palermo (en siciliano: Palermu) é un concello italiano capital da provincia homónima, e da rexión de Sicilia. En 2009 tiña 658.112 habitantes e esténdese por unha área de 158,88 km², cunha densidade de poboación de 4.218 hab/km². Na súa zona metropolitana viven máis dun millón de persoas.

Modelo:Xeografía políticaPalermo
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 38°06′56″N 13°21′41″L / 38.1156581, 13.3612619
PaísItalia
Rexión con estatuto especialSicilia
Cidades metropolitanasCidade metropolitana de Palermo Editar o valor en Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación630.167 (2023) Editar o valor en Wikidata (3.924,07 hab./km²)
Lingua oficiallingua italiana Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie160,59 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Oreto e Mar Tirreno Editar o valor en Wikidata
Altitude14 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Evento clave
Santo padrónRosalía de Palermo Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataRoberto Lagalla (pt) Traducir (2022–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoPalermo city council (en) Traducir Circunscrición: sen valor, (Escano: 40) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal90121, 90122, 90123, 90124, 90125, 90126, 90127, 90128, 90129, 90131, 90133, 90134, 90135, 90136, 90138, 90139, 90141, 90142, 90143, 90144, 90145, 90146, 90147, 90148, 90149 e 90151 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico091 Editar o valor en Wikidata
Identificador ISTAT082053 Editar o valor en Wikidata
Código catastral italianoG273 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Tbilisi (1987–) Editar o valor en Wikidata

Páxina webcomune.palermo.it Editar o valor en Wikidata
BNE: XX452078

Historia

editar
 
Palermo
 
Pinturas rupestres na cova de Addaura.

Ao longo do tempo recibiu a influencia de numerosas culturas. A área da chaira de Palermo e as montañas que a rodean están habitadas desde época prehistórica. Consérvanse pinturas rupestres na cova de Addaura, no monte Pellegrino (ao norte da cidade), que estiveron habitadas no Paleolítico e o Mesolítico.

A poboación foi fundada polos fenicios cara ao século VIII a.C. nun porto natural, e déronlle o nome de Ziz («flor»). Cando o poboado se converteu en cidade déronlle o nome de Mabbonath (en fenicio, «aloxamentos», «lugar habitado»). Ao cabo, converteuse na poboación máis importante do triángulo fenicio de que fala Tucídides, por diante de Motia e Solunte:

Tamén os fenicios estaban establecidos por toda a costa de Sicilia, pois se apoderaran dos promontorios sobre o mar e das pequenas illas próximas á costa con vistas ao seu comercio cos sículos; pero cando os gregos comezaron a arribar en gran número, abandonaron a maior parte dos seus asentamentos e, concentrándose, limitáronse a ocupar Motia, Solunte e Panormo, na veciñanza dos élimos, tanto porque confiaban na súa alianza con eles como polo feito de que aquel é o sitio desde onde é máis curta a travesía entre Cartago e Sicilia

Da dominación fenicia quedan os muros antigos da cidade, que permanecen nalgunhas rúas e no centro do casco antigo, e o Pé Fenicio que está constituído pola vía principal, a Avenida de Vítor Manuel, e por unha serie de calellas perpendiculares a ela, amais dos restos arqueolóxicos das necrópoles da praza da Independencia ao norte, a «roca» de Monreale e Papireto.

Entre os séculos VIII e VI a. C. a cidade foi colonia de Grecia, e recibiu o nome de Panormos (Παν-όρμος "todo porto", "cómodo pata ancorar"), debido ao carácter xeográfico da península rodeada polas desembocaduras de dous ríos, e polo tanto facilmente defendible. Mantiveron o comercio con Cartago. Durante a primeira guerra púnica Palermo foi tomada polos cartaxineses.

No ano 254 a. C. a cidade foi conquistada por Roma, e defendérona dos intentos de reconquista dos cartaxineses tres anos despois. Adaptaron o nome grego ao latín Panormus. Os lexionarios romanos establecéronse baixo o mandato do emperador romano César Augusto, e comezou a substitución do grego antigo polo latín.

Idade Media

editar
Palermo árabe-normando e as igrexas da catedral de Cefalú e Monreale
 
Capela Palatina de Palermo
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País  Italia
CriteriosCriterios
Inscrición2015 (39ª sesión)
Identificador{{{ID}}}

| Rexión = Europa e América do Norte | Tipo = Cultural | Criterios = II, IV | ID = 1487 }}

 
Catedral de Palermo.

Trala caída do Imperio romano os vándalos fundaron o seu imperio no ano 439, coa súa capital en Cartago, e invadiron varias veces Sicilia ata conseguir conquistar Palermo. Despois a cidade foi tomada polo Imperio Bizantino, que a mantivo no seu poder durante tres séculos.

No ano 826 iniciouse unha batalla polo poder na illa logo dos desacordos entre Eufemio de Mesina, comandante da frota bizantina en Sicilia, e o emperador Miguel II de Sicilia. Na loita involucráronse os árabes, que foron ocupando a illa durante os séculos IX e X. Palermo foi conquistada no ano 831 logo dun longo asedio, converténdose na capital do emirato de Sicilia, nominalmente baixo poder aglabí. En Palermo establecéronse principalmente musulmáns de orixe árabe, a diferenza doutras zonas de Sicilia onde os bérberes formaron maiorías. Coa caída dos aglabies a illa obtivo unha maior autonomía, aínda que as revoltas e loitas internas entre árabes, bérberes e cristiáns deterioraron a situación. Tralo afianzamento do califato fatimí en Ifriqiya, o califa Ismail al-Mansur estabilizou a illa baixo o seu dominio, nomeando o seu lugartenente Hasan al Kalbi emir da illa no ano 948. Este estableeu a súa residencia en Palermo e instaurou a súa propia dinastía, a kalbida. Iniciouse entón un florecemento económico debido á mellora da agricultura e ao aumento da actividade comercial e artesanal.

Os cartos recadados por Ismail foron utilizados para obras públicas na cidade. Ampliouse o porto e construíronse un novo castelo, palacios, xardíns, mesquitas, (destacando a mesquita alxama) e o primeiro qanat de Palermo, que asegurou a subministración de auga e deu cobertura ao crecemento demográfico (estímase que por entón chegaron a vivir na cidade 300.000 persoas). Este aumento da poboación debeuse á migración desde outras partes de Sicilia e ao establecemento de comerciantes estranxeiros. Xurdiron novos barrios, protexidos coa construción dunha nova muralla.

Durante este período Palermo albergou comunidades cristiás e xudeas que convivían pacificamente cos musulmáns, tras aceptar o pago da yizia, imposto que se esixía aos non musulmáns. Numerosos topónimos de Palermo son de procedencia árabe, como os distritos históricos da cidade[1].

 
Panorámica desde Monreale.

En 1061 os normandos comezaron a conquista de Sicilia dirixidos por Roxerio de Altavilla e o seu irmán Roberto Guiscardo, co beneplácito do papa Nicolao II. En 1064 unha expedición de soldados de Pisa intentou tomar a cidade, provocando a destrución e a pillaxe nos arredores e no porto. Logo de varios intentos, finalmente en 1071 os normandos iniciaron un asedio que rematou o ano seguinte coa capitulación baixo a promesa de que os cidadáns serían libres de practicar cadansúa relixión e de rexerse polas súas propias leis.

Coa chegada do poder normando e posteriormente suabo a urbe mantivo a súa preponderancia en Sicilia. O máximo esplendor de Palermo chegou durante o reinado de Frederico II de Suabia. O historiador ceutí Al-Idrisi proporciona na súa obra probas deste rico período, como a construción dos edificios da Martorana ou a capela palatina no palacio real de Palermo.

En 1265 o Papa nomeou rei de Sicilia a Carlos de Anjou. Instaurou un réxime represivo e trasladou a capitalidade a Nápoles, co que a cidade entrou nunha etapa de decadencia. En 1282 o pobo de Palermo rebelouse contra os normandos nas Vésperas sicilianas, que deron lugar á expulsión de Carlos. Sicilia pasou a formar parte como reino independente até a súa anexión en 1409.

Idade Moderna

editar
 
Mapa da Coroa de Aragón.

A cidade pasou da Coroa de Aragón ao Imperio español. Dos 30.000 habitantes que tiña a mediados do século XV medrou até chegar aos 135.000 antes da Peste Negra de 1656. Nos séculos XVI e XVII construíronse en Palermo numerosos monumentos de estilo barroco. En 1734 Carlos III de España unificou Sicilia co Reino de Nápoles e a corte real deixou Palermo, co que a cidade e os seus palacios caeron en desuso.

Idade contemporánea

editar

O 12 de xaneiro de 1848 Palermo viviu unha das primeiras Revolucións de 1848 que tiveron lugar en toda Europa.[2]

A partir de 1861 Palermo seguiu como centro administrativo de Sicilia. A familia Florio desenvolveu un certo crecemento económico e industrial. A principios do século XX Palermo expandiuse cara ao norte a través da vía della Libertà, na que se construíron numerosas vilas de estilo Art Nouveau, moitas delas do arquitecto Ernesto Basile, como o Grand Hotel Villa Igeia. O Teatro Massimo foi construído tamén por Basile e polo seu fillo, e foi inaugurado en 1897.

Palermo, como toda Sicilia, viviu a influencia da Mafia, creada a mediados do século XIX por Giuseppe Mazzini.

En xullo de 1943, no marco da segunda guerra mundial, os aliados bombardearon o porto e a periferia da cidade. En 1946 o Palazzo dei Normanni foi declarado sede do Parlamento rexional, como capital dun Estado da Rexión Especial (1947).

A migración masiva do rural cara ás cidades levou ao crecemento da cidade sen un plan regulador, e o alcalde Vito Ciancimino foi condenado por suborno. Nas décadas de 1980 e 1990 foron asasinados polas organizacións criminais moitos funcionarios públicos, como o carabinieri Carlo Alberto Dalla Chiesa, o presidente rexional Piersanti Mattarella, o sacerdote Don Giuliani ou os maxistrados Giovanni Falcone e Paolo Borsellino.

Demografía

editar

En 2007 vivían en Palermo 666.552 persoas, das cales o 52,4 % eran mulleres e o 47,6 % homes. A poboación menor de 18 anos era o 21,64 %, mentres que a poboación xubilada era o 16,54 %, cunha media de idade de 37 anos, por baixo dos 42 de media en Italia. A taxa de fecundidade é de 10,75 nacimientos por cada 1.000 habitantes, algo maior que a media nacional (9,45)[3].

 
Vista panorámica de Palermo desde o Monte Pellegrino.

En 2006 o 97,79 % da poboación era de orixe italiana. Os habitantes procedentes do sueste asiático, principalmente de Sri Lanka, conformaban a principal minoría co 0,8 % da poboación, seguidos dos europeos (principalmente serbios e polacos), 0,3 %, e norteafricanos (principalmente tunnisinos), 0,28 %.[4].

Cidades irmandadas

editar

A cidade de Palermo está irmandada coas seguintes cidades:[5][6]

  1. "Breve storia di Palermo" Arquivado 18 de decembro de 2008 en Wayback Machine., na web da cidade (en italiano).
  2. Correnti, Santo: A Short History of Sicily, Les Editions Musae, Montreal (2002); Scianò, Giuseppe: Sicilia, Sicilia, Sicilia!, Edizione Anteprima, Palermo (2004).
  3. "Bilancio demografico anno 2007 e popolazione residente al 31 Dicembre" Arquivado 08 de marzo de 2013 en Wayback Machine., www.demo.istat.it (en italiano).
  4. "Cittadini Stranieri: Bilancio demografico anno 2006 e popolazione residente al 31 Dicembre" Arquivado 27 de setembro de 2011 en Wayback Machine., www.demo.istat.it (en italiano).
  5. Città di Palermo - Comunicati Stampa del 26 settembre 2000" Arquivado 01 de decembro de 2008 en Wayback Machine., na web do concello (en italiano)
  6. "Italia·Polonia", na web do concello (en italiano)

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar