Catedral de Palermo
Coordenadas: 38°06′52″N 13°21′22″L / 38.114444, 13.356111
A catedral de Palermo sitúase na cidade homónima en Sicilia (Italia). De forte estilo oriental debido principalmente ao seu patio interior cheo de palmeiras.
Palermo árabe-normando e as igrexas da catedral de Cefalú e Monreale | |
---|---|
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Italia |
Tipo | Cultural |
Criterios | II, IV |
Inscrición | 2015 (39ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 1487 |
Primeiramente foi unha basílica bizantina, sobre a que, en 1185, o arcebispo de Palermo mandou levantar un templo de planta basílica con tres ábsidas. O bispo quería competir coa beleza e poder da catedral de Monreale. A catedral foise reformando ao longo do tempo, con espléndidas melloras, como o pórtico de tres arcos, de influencia aragonesa.
Ten planta de cruz latina, con tres naves divididas por columnas. No interior hai múltiples capelas, entre as que destacan a do Sacramento, por estar decorada con pedras preciosas e lapislázuli e a de Santa Rosalía, onde se atopa a talla da patroa de Palermo.
En xullo de 2015, o conxunto «Palermo árabe-normando e as catedrais de Cefalú e Monreale» foi incluído na lista do patrimonio da Humanidade pola Unesco[1]. A catedral de Palermo é un dos nove bens individuais que comprende a declaración (co IDE 1487-005)[2].
Notas
editar- ↑ "24 nuevos sitios inscritos en la Lista del Patrimonio Mundial de la UNESCO en 2015". Unesco.
- ↑ Véxase na entrada «Arab-Norman Palermo and the Cathedral Churches of Cefalú and Monreale» do sitio oficial do «UNESCO World Heritage Centre», dispoñible en liña en: [1]. Consultado o 2 de agosto de 2016.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Catedral de Palermo |