Rosalía de Palermo
Rosalía de Palermo[1], máis coñecida como Santa Rosalía, foi unha nobre virxe de Palermo (Sicilia), do século XII. É venerada como santa pola Igrexa católica.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1130 Palermo |
Morte | 4 de setembro de 1170 (39/40 anos) Palermo |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | ermitá |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 4 de setembro |
Historia editar
Naceu como Rosalia Sinibaldi en 1130, en Palermo, Sicilia. Era de familia xermánica.[1] Retirouse en oración a unha cova e viviu en soidade, pobreza e penitencia. Faleceu en 1170.
Os seus presuntos restos foron atopados en 1624 (séculos despois da súa morte) nunha cova por un cazador que dixo ser guiado pola propia santa a tal achado. Di a lenda que ao trasladarse os seus restos en procesión por todo o pobo de Palermo a asolación de peste que azoutara ao pobo durante anos detívose. Por tal motivo, construíuse unha basílica na cova orixinal onde foron achados os restos e onde se mostraban aos peregrinos a través dunha reixa para a súa veneración.
Culto editar
O culto a Santa Rosalía, promovido polos bieitos, difúndese polo mundo como protectora contra enfermidades infecciosas, a peste, e para recibir auxilio e protección en momentos difíciles.
Nome editar
Festividade editar
A súa festa celébrase en dúas datas: en Sicilia o 15 de xullo (translación dos seus restos) e no resto do mundo o 4 de setembro.
Galería de imaxes editar
-
Imaxe de Santa Rosalía de Palermo, na igrexa de San Xenxo de Padriñán.
-
Mensaxe na imaxe de Santa Rosalía de Palermo, na igrexa vella de San Xenxo de Padriñán
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-09-19.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rosalía de Palermo |
Bibliografía editar
- Vida de la gloriosa virgen Santa Rosalia, natural de la feliz ciudad de Palermo en el Reyno de Sicilia ...Escrita en toscano, por D. Pedro Forti ... y traduzida en Castellano, por el Dotor Don Alexandro Tramonte