Rosalía (nome)

nome feminino

Rosalía[1], cuxos apocorísticos son Rosa[1] e Chelía[1], é un nome feminino galego, que se documenta dende o século IX.[1]

Sinatura de Rosalía de Castro.

Etimoloxía editar

A súa etimoloxía é discutida.[1] Porén, a hipótese máis recorrida explícao como un nome de orixe xermánica, composto de hraustr ‘valente’ ou rausn ‘gloria, fama’ xunto cunha forma -lîn.[1] Segundo Tagliavini, esta hipótese refórzase pola natureza xermánica de santa Rosalía de Palermo, nada no século XII.[1]

Uso editar

Segundo o IGE,[2] o 1 de xullo de 2021, había en Galicia 1.756 mulleres chamadas Rosalía, cunha maior porcentaxe nas provincias da Coruña e Pontevedra.[2]

O seu uso en cativos galegos durante o século XX e XXI débese, en boa medida, á figura de Rosalía de Castro.[3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-09-20. 
  2. 2,0 2,1 "IGE - Nomes e apelidos da poboación". www.ige.gal. Consultado o 2023-09-20. 
  3. Boullón Agrelo, Ana Isabel (2016). "Os nomes galegos no século XXI". Lingua, pobo e terra. Estudos en homenaxe a Xesús Ferro Ruibal. pp. 191–212. ISBN 978-84-453-5236-6. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar