Padriñán, Sanxenxo
San Xenxo de Padriñán é unha parroquia que se localiza no concello de Sanxenxo. Segundo o IGE, en 2016 tiña 3.732 habitantes (1.894 mulleres e 1.838 homes), o que supón manter a mesma poboación que tiña en 2009, cando tiña 3.731 habitantes, e un aumento respecto a anos anteriores, como no 2000, cando tiña 3.241 habitantes.
Padriñán | |
---|---|
![]() Nova igrexa de Padriñán | |
Concello | Sanxenxo[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°24′21″N 8°48′31″O / 42.405898, -8.8086321 |
Área | 5,3 km² |
Poboación | 3.732 hab. (2016) |
Densidade | 704,15 hab./km² |
Entidades de poboación | 13[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarLimita ó norte coa parroquia de Nantes, ó oeste coa de Adina, ó leste coa de Bordóns e ó sur coa ría de Pontevedra. A parroquia ten unha superficie de 5,3 km2, distribuída en 13 entidades de poboación.
A capital municipal, Sanxenxo, localízase nesta parroquia.
Patrimonio
editarA igrexa de San Xes de Padriñán é de estilo gótico mariñeiro, do século XV, como corresponde coa longa serie de igrexas que as ordes mendicante ergueron ó longo da costa durante os séculos XIV a XVI. Consta dunha soa nave de planta rectangular, e ábsida, máis estreita que a nave, dunha soa capela. A capela é rectangular, con arco apuntado na entrada e bóveda de cruzaría estrelada. A fachada principal, occidental, foi modificada nalgún momento, e presenta sobre a porta a imaxe da Virxe do Carme co Meniño no colo. Máis arriba, un pequeno rosetón.
No interior da igrexa descubriuse no ano 2016 un conxunto de pinturas murais na capela da familia De la Maza, que recollen diferentes momentos da Paixón de Xesús. Foron datadas no século XVIII.
En 1965 comezou a construírse o chamado Templo Novo, cuxas obras remataron en 1976, e que hoxe funciona como igrexa parroquial. É a igrexa máis moderna e de maior capacidade do municipio e o seu arquitecto foi Joaquín Robles Echenique. Está construído en pedra, co tellado de lousa. Ten planta hexagonal e cuberta en chanzos, coa particularidade de que en cada nivel os hexágonos xiran respecto ó anterior. No interior da igrexa destaca a gran cruz do altar maior.
Na parroquia está tamén o pazo de Miraflores.
Galería de imaxes
editar-
Praia de Silgar.
-
Igrexa de San Xenxo de Padriñán.
-
A parroquia no mapa da xurisdición da Lanzada incluído no Catastro de Ensenada, 1752.
-
Capela da Purificación na igrexa vella de San Xenxo de Padriñán
-
Retablo na igrexa vella de San Xenxo de Padriñán
-
San Xenxo de Arles na igrexa vella de San Xenxo de Padriñán
-
Santa Rosalía de Palermo, na igrexa vella de San Xenxo de Padriñán
-
San Roque, na igrexa vella de San Xenxo de Padriñán
Lugares e parroquias
editarLugares de Padriñán
editarLugares da parroquia de Padriñán no concello de Sanxenxo (Pontevedra) | |
---|---|
Aldariz | A Carabuxeira | A Florida | Fontoira | A Laxe | Miraflores | Padriñán | Palacios | Reis | Sanxenxo | Seixal | Seixalbo | O Vinquiño |
Parroquias de Sanxenxo
editarNotas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina web do concello de Sanxenxo (en castelán)
- Igrexa de San Xes de Padriñán (en castelán)
- Igrexa parroquial de Sanxenxo ou Templo Novo (en castelán)