Tbilisi
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Tbilisi[1] (transliterado do xeorxiano: თბილისი, [tʰb̥ilisi] (AFI), escoitar), antigamente Tiflis, é a capital e a maior cidade de Xeorxia. Localízase no centro do país, no Cáucaso, nas marxes do río Kura. Segundo datos de 2005 a cidade ten 1.093.000 habitantes e a área metropolitana 1.300.000. Fundouna o rei Vakhtang I Gorgasali no século V e foi a capital da Xeorxia a partir do século VI d.C.
A cidade ten máis de 1.345.000 habitantes e unha superficie de 726 km².
Tiflis é un importante centro industrial, social e cultural. A cidade é unha importante ruta de tránsito da enerxía global e o comercio. Localizada estratexicamente entre Europa e Asia e antigamente situada na Ruta da Seda, Tiflis foi a miúdo un punto clave nas relacións de imperios rivais. A historia da cidade pode ser vista pola súa arquitectura onde a avenida Rustaveli , deseñada polo barón Haussmann, e o centro están mesturados coas estreitas rúas do distrito medieval de Narikala.
A demografía da cidade é diversa e historicamente foi fogar de xente de diferentes etnias, relixión e cultura. A pesar de ser maioritario o número de cristiáns ortodoxos, Tiflis é un dos poucos lugares no mundo onde unha sinagoga e unha mesquita están próximas a unha da outra, no antigo distrito de Abanotubani a varios metros da igrexa de Metekhi. Recentemente, Tiflis foi coñecida pola pacífica Revolución das rosas, que tivo lugar na praza da Liberdade e lugares próximos. A consecuencia diso, o entón presidente, Eduard Shevardnadze, foi desprazado do poder.
A cidade conta cun aeroporto internacional. Os seus principais lugares turísticos son a catedral de Sameba, a praza da Liberdade, a catedral de Sioni, Metekhi, Narikala, o Parlamento de Xeorxia, a avenida Rustaveli, o Teatro da Ópera e o Ballet, a basílica de Anchiskhati, a montaña de Mtatsminda e a igrexa de Kashveti, preto da cal atópanse o Museo Nacional, o Museo Histórico e numerosas galerías de arte. A cidade foi inmortalizada polos pintores Niko Pirosmani e Lado Gudiashvili.
-
Cityscape
-
Rustaveli street
-
Mosque
-
Metekhi church
-
Sioni Cathedral
-
Sioni Cathedral inside
Notas
editar- ↑ Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 2011. ISBN 9788482893600.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tbilisi |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |