República Socialista Soviética Federativa Transcaucásica
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2015.) |
| |||
Lema: Պրոլետարներ բոլոր երկրների, միացե'ք! (Armenio) Бүтүн өлкәләрин пролетарлары, бирләшин! (azarí) პროლეტარ ყველა ქვეყნისა, შეერთდით! (xeorxiano) | |||
![]() | |||
Idioma | Armenio, xeorxiano, acerbaixaní e ruso. O ruso favorecido pola lexislación. | ||
Capital | Tbilisi | ||
Presidentes | Nariman Narimanov (RSS de Acerbaixán) Polikarp Mdivani (RSS de Xeorxia) Aleksandr Fyodorovich Miasnikyan (RSS de Armenia) | ||
Duración | Dende o 30 de decembro de 1922 até o 5 de decembro de 1936. | ||
Área Total | 186,100 km² | ||
Moeda | Rublo | ||
Hora | UTC +4 |
A Repúbica Socialista Soviética Federativa Transcaucásica (Закавказская Сове́тская Федерати́вная Социалисти́ческая Респу́блика, ЗСФСР) foi unha curta república soviética (1922–1936), constituída por Xeorxia, Armenia, e Acerbaixán, que foron coñecidas tradicionalmente como as Repúblicas Transcaucásicas na Unión Soviética. A capital da república foi Tbilisi.
As raíces da república veñen da disolución do Imperio Ruso en 1917, durante a revolución rusa, cando as provincias do Cáucaso se separaron e tentaron formar o seu propio estado federal chamado a Federación Transcaucásica. Os diferentes intereses nacionais e a guerra con Turquía levaron á disolución da república medio ano despois, en abril de 1918.
Nos seguintes anos, os tres territorios atravesaron guerras civís con moita intervención do Exército Vermello, e convertéronse en Repúblicas Soviéticas. En decembro de 1922, todo o territorio foi reunificado nunha soa república. En 1936, a república foi disolta e os tres países convertéronse na RSS de Xeorxia, a RSS de Armenia e a RSS de Acerbaixán.
Xefes de estado editar
Presidentes do Consello da Unión | Data | Partido |
---|---|---|
Niraman Narimanov | Marzo - decembro 1922 | Partido Comunista de Acerbaixán |
Polikarp Mdivani | Marzo - decembro 1922 | Partido Comunista de Xeorxia |
Aleksandr Miasnikian | Marzo - decembro 1922 | Partido Comunista de Armenia |
Presidentes do Comité Executivo Central | Período | Por |
---|---|---|
Mikhail Tskhakaja (1x) | 1922-1927 | Xeorxia |
Samed Aga Alijev | 1922-1929 | Acerbaixán |
Sarkis Ambartsumjan | 1922-1925 | Armenia |
Sarkis Kasyan | 1927-1931 | Armenia |
Filipp Macharadze (1x) | 1927-1928 | Xeorxia |
Mikhail Tskhakaja (2x) | 1928-1931 | Xeorxia |
Gazanfar Musabekov | 1929-1931 | Acerbaixán |
Filipp Macharadze (2x) | 1931-1935 | Xeorxia |
Armenek Ananjan | 1931-1935 | Armenia |
Sultan Medzhid Efendijev | 1931-1936 | Acerbaixán |
Sergo Martikijan | 1935-1936 | Armenia |
Aveli Enukidze | Marzo-maio 1935 | Xeorxia |
Filipp Macharadze (3x) | 1935-1936 | Xeorxia |