República Socialista Soviética de Acerbaixán
A República Socialista Soviética de Acerbaixán foi o nome dado ao estado resultante da República Democrática de Acerbaixán cando este territorio formou parte da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS), entre 1936 e 1991, e da República Socialista Soviética Federativa Transcaucásica xunto coa RSS de Armenia e a RSS de Xeorxia, de 1922 a 1936.
Азәрбајҹан Совет Сосиалист Республикасы (azarí) Азербайджанская Советская Социалистическая Республика (ruso) República Socialista Soviética de Acerbaixán | |||||
| |||||
| |||||
Lema: "Бүтүн өлкәләрин пролетарлары, бирләшин!" ("Traballadores do mundo, unídevos!") | |||||
Himno: Himno da República Socialista Soviética de Acerbaixán | |||||
Capital | Bakú | ||||
Lingua | Azarí e ruso Armenio (No Oblast autónomo de Nagorno-Karabakh) | ||||
Goberno | n/d | ||||
Historia | |||||
• Establecido | 28 de abril de 1920 | ||||
• Disolución | 25 de decembro de 1991 | ||||
Moeda | Rublo soviético |
Acerbaixán declarou a súa independencia da URSS o 30 de agosto de 1991, e foi renomeado República de Acerbaixán. Acerbaixán obtivo oficialmente a súa independencia o 25 de decembro de 1991, coa disolución da URSS, converténdose entón membro da Comunidade de Estados Independentes (CEI).
Véxase taménEditar
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |