Rublo soviético
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2015.) |
Rublo soviético † | |
---|---|
советский рубль en ruso | |
Código: | SUR |
Ámbito: | Unión Soviética |
Símbolo: | руб |
Fracción: | 100 kópecks |
Moedas: | 1, 2, 3, 5, 10, 15, 20, 50 kópecks 1, 5, 10 rublos |
Billetes: | 1, 3, 5, 10, 25, 50, 100, 200, 500, 1.000 rublos |
Emisor: | Gosbank |
Taxa de troco: fixa | 1 EUR = 2,20371 NLG |
O rublo soviético (en ruso: рубль) foi a unidade monetaria da Unión Soviética entre 1919 e 1991. Estaba dividido en 100 kopeks (en ruso: копейки, sing. копейка). O seu código ISO 4217 era SUR.
Entre 1991 e 1995 o rublo soviético foi substituído polas seguintes moedas: dram armenio, manat acerbaixano, rublo belaruso, lari xeorxiano, tenge casaco, som kirguiz, rublo letón, talonas lituano, cupón moldovo, rublo ruso, rublo de Transnistria, rublo taxico, manat turcomán, karbóvanets ucraíno, som uzbeko e coroa estoniana.[1]
A moeda soviética tiña o seu propio nome dentro de todas as linguas oficiais da URSS, ás veces distintos da designación rusa. Todos os billetes tiñan cadanseu valor e denominación escritos nos idiomas das repúblicas soviéticas. Hoxe en día o nome propio mantívose, por exemplo no casto de Tartaristán, onde ao rublo e ao kopek coñéceselles como sum e tien. Tras a independencia das repúblicas soviéticas, moitas mantiveron o nome local do rublo para emitir a súa propia moeda.
A continuación detállase o nome do rublo nos distintos idiomas oficiais da Unión Soviética.
Lingua | Denominación | Transliteración | ||
---|---|---|---|---|
Rublo | Kópeck | Rublo | Kópeck | |
Ruso | рубль | копейка | rubl’ | kopeika |
Ucraíno | карбованець | копійка | karbovanets’ | kopiyka |
Belaruso | рубель | капейка | rub’el’ | kapeika |
Uzbeko | сўм | тийин | so'm' | tiyin |
Casaco | сом | тиын | som | tiyn |
Xeorxiano | მანეთი | კაპიკი | maneti | kapiki |
Azarí | манат | гəпик | manat | qəpik |
Lituano | rublis | kapeika | — | — |
Moldovo | рублэ | копейкэ | rublă | copeică |
Letón | rublis | kapeika | — | — |
Kirguiz | сом | тыйн | som | tyin |
Taxico | сўм | тин | sum | tin |
Armenio | ռուբլի | կոպեկ | roubli | kopek |
Turcomán | манат | manat | ||
Estoniano | rubla | kopikas | — | — |
Notas
editar- ↑ Odling-Smee, J.; Pastor, G. (2001). The IMF and the Ruble Area, 1991-93. International Monetary Fund.