Abrir o menú principal
Signo do dram armenio, baseado da letra armenia D.

O dram armenio (armenio: Դրամ) é a moeda de Armenia. Divídese en 100 luma (լումա). Foi introducido en 1993 para substituír o rublo ruso, ao cambio de 1 dram = 200 rublos. O código ISO-4217 para o dram é AMD. A palabra dram en armenio provén do grego "dracma" (δραχμή).

HistoriaEditar

As primeiras moedas de prata ás que se denominou "dram" pertencen ao período abranguido entre 1199 e 1375.

Posteriormente circulou na República Democrática de Armenia e na República Socialista Soviética de Armenia o rublo armenio (ռուբլի), entre 1919 e 1923. Esta moeda substituíu o rublo transcaucásico e foi substituído de novo cando Armenia entrou a formar parte da República Federal Socialista Soviética de Transcaucasia, xunto a Xeorxia e Acerbaixán.

Os billetes emitidos pola República Democrática tiñan valores de 5.000 e 10.000 rublos, moitos deles escritos en alfabeto cirílico. Con todo, as denominacións de 50, 100 e 250 rublos impresos no Reino Unido aparecían en armenio. Os billetes emitidos pola RSS de Armenia tiñan denominacións entre 5.000 e 5.000.000 de rublos, nos que aparecían textos escritos en armenio e ruso conxuntamente con símbolos comunistas.

O 21 de setembro de 1991 Armenia independizouse da Unión Soviética, e o 27 de marzo de 1993 creouse o Banco Central de Armenia durante o goberno de Isahak Isahakyan. Con todo, os antigos billetes coa denominación de rublos seguiron a ser de curso legal ata novembro de 1993. A nova moeda entraría en circulación o 22 de novembro de 1993. Imprimíronse billetes de 10, 25, 50, 100, 200 e 500 dram, e en xaneiro de 1994 o Banco Central comezaría coa emisión de moedas de 10, 20 e 50 luma, e 1, 3, 5 e 10 dram. Os billetes de 1.000 e 5.000 dram emitíronse entre 1994 e 1995. Máis tarde emitiríase un billete de 20.000 dram e outro de 50.000, para conmemorar a adopción do cristianismo en Armenia.

MoedasEditar

O dram foi posto en circulación tres anos máis tarde da independencia de Armenia. En 1994 púxose en circulación a primeira serie de moedas que contaba con estes valores: 10 luma, 20 luma e 50 luma, e 1 dram, 3 dram, 5 dram e 10 dram. Todas as moedas da primeira serie eran de aluminio. En 2003, logo de que o territorio de Artsakh se separase de Acerbaixán, introduciuse unha serie nova, que é a que circula na actualidade.

Primeira serie de moedasEditar

As primeiras moedas, que circularvon desde 1993 ata 2004 foron:

Denominación Emisión Metal Diámetro (mm)


Peso (g)


Canto Anverso Reverso Imaxe
10 luma 1994 Ao 16,00 0,59 Liso Escudo de armas

ՀԱՅԱՍՏԱՆ

10 ԼՈՒՄԱ

Ano de emisión

 
20 luma 1994 Ao 18,00 0,75 Liso Escudo de armas

ՀԱՅԱՍՏԱՆ

20 ԼՈՒՄԱ

Ano de emisión

 
50 luma 1994 Ao 20,00 0,93 Liso Escudo de armas

ՀԱՅԱՍՏԱՆ

50 ԼՈՒՄԱ

Ano de emisión

 
1 dram 1994 Ao 22,00 1,39 Estriado Escudo de armas

ՀԱՅԱՍՏԱՆ

1 ԴՐԱՄ

Pólas de loureiro
Ano de emisión

 
3 dram 1994 Ao 24,00 1,63 Estriado Escudo de armas

ՀԱՅԱՍՏԱՆ

3 ԴՐԱՄ

Pólas de loureiro
Ano de emisión

 
5 dram 1994 Ao 26,00 1,98 Estriado Escudo de armas

ՀԱՅԱՍՏԱՆ

5 ԴՐԱՄ

Pólas de loureiro
Ano de emisión

 
10 dram 1994 Ao 28,00 2,30 Estriado Escudo de armas

ՀԱՅԱՍՏԱՆ

10 ԴՐԱՄ

Pólas de loureiro
Ano de emisión

 

Segunda serie de moedasEditar

As moedas actualmente en circulación posúen as seguintes características:

Denominación Circula desde
Metal Diámetro

(mm)

Peso

(g)

Canto Anverso Reverso Imaxe
Aro Centro
10 dram 2004 Al 20,00 1,30 Estriado Escudo de armas

ՏԱՍԸ ԴՐԱՄՀԱՅԱՍՏԱՆԻ ՀԱՆՐԱՊԵՏՈՒԹՅՈՒՆ
Ano de emisión

10 ԴՐԱՄ  
20 dram 2003 Aceiro + Cu 20,50 2,75 Liso Escudo de armas

ՔՍԱԼ ՂՐԱՄՀԱՅԱՍՏԱՆԻ ՀԱՆՐԱՊԵՏՈՒԹՅՈՒՆ
Ano de emisión

20 ԴՐԱՄ  
50 dram 2003 Aceiro + latón 21,50 3,50 Liso Escudo de armas

ՀԻՍՈՒՆ ԴՐԱՄՀԱՅԱՍՏԱՆԻ ՀԱՆՐԱՊԵՏՈՒԹՅՈՒՆ
Ano de emisión

50 ԴՐԱՄ  
100 dram 2003 Aceiro + Ni 22,50 4,00 Estriado Escudo de armas

ՀԱՐՅՈՒՐ ԴՐԱՄՀԱՅԱՍՏԱՆԻ ՀԱՆՐԱՊԵՏՈՒԹՅՈՒՆ
Ano de emisión

100 ԴՐԱՄ  
200 dram 2003 Cu + Ni + Zn 24,00 4,50 Estriado Escudo de armas

ԵՐԿՈՒ ՀԱՐՅՈՒՐ ԴՐԱՄՀԱՅԱՍՏԱՆԻ ՀԱՆՐԱՊԵՏՈՒԹՅՈՒՆ
Ano de emisión

200 ԴՐԱՄ  
500 dram 2003 Cu  + Ni  +Zn Cu + Ni 22,00 5,00 Estriado descontinuo


Escudo de armas

ՀԻՆԳ ՀԱՐՅՈՒՐ ԴՐԱՄՀԱՅԱՍՏԱՆԻ ՀԱՆՐԱՊԵՏՈՒԹՅՈՒՆ
Ano de emisión

500 ԴՐԱՄ  

BilletesEditar

Primeira serie de billetesEditar

Esta primeira serie de billetes circulou desde a caída da URSS ata o ano 2005.

Anverso Reverso Valor Cor Dimensións Anverso Reverso
    10 dram Marrón e púrpura 125 x 62 mm Estación de trens de Ereván.

Estatua de David Sassoon

Monte Ararat
    25 dram Amarelo e marrón 125 x 62 mm Táboa cuneiforme de Urartu.

León do castelo de Erebuni

Ornamentos
    50 dram Azul e vermello 125 x 62 mm Galería nacional de Armenia.

Museo Nacional de Historia

Parlamento armenio
    50 dram Rosa e violeta 122 x 65 mm Aram Jachaturian Escena do ballet Gayane.

Monte Ararat

    100 dram Azul e púrpura 135 x 65 mm Monte Ararat. Catedral de Zvartnots Teatro da Ópera de Armenia
    100 dram Azul 122 x 65 mm Víktor Ambartsumian Observatorio Byurakan
    200 dram Amarelo e violeta 135 x 65 mm Catedral de Ejmiatsin Ornamentos
    500 dram Verde e marrón 135 x 65 mm Monte Ararat.

Tetradracma de Tigranes II o Grande

Ornamentos
    1.000 dram Marrón e laranxa 145 x 68 mm Estatua de Mesrob.

Mashtots Matenadaran

Monumento na cidade medieval de Ani
    5.000 dram Verde, amarelo e púrpura
145 x 71 mm Templo de Garni Cabeza da deusa Anahit

Segunda serie de billetesEditar

Actualmente, os billetes en circulación son os de 500, 1.000, 2.000, 5.000, 10.000, 20.000, 50.000 e 100.000 dram.

Anverso Reverso Valor Cor Dimensións Anverso  Reverso
    500 dram Gris 129 x 72 mm Alexander Tamanian Casa do Goberno en Ereván
    1.000 dram Verde 136 x 72 mm Yeghishe Charents Cidade antiga de Ereván
    5.000 dram Amarelo e verde 143 x 72 mm Hovhannes Tumanyan Paisaxe de Lorridel.

Pintor Martiros Saryan

    10.000 dram Violeta 150 x 72 mm Avetik Isahakyan Antiga cidade de Gyumri
    20.000 dram Amarelo e vermello 151 x 72 mm Martiros Saryan Armenia de Martiros Saryan
    50.000 dram Marrón e vermello 160 x 79 mm Catedral de Echmiadzin Gregorio I o Iluminador e Tiridates III de Armenia

sostendo a Igrexa armenia.
Jachkar do Mosteiro Kecharis

    100.000 dram Azul e violeta 160 x 72 mm Abgaro V de Edesa Tadeo de Edesa

Véxase taménEditar