Rublo ruso

unidade monetaria da Federación Rusa, da Unión Soviética e do Imperio Ruso
Rublo ruso
Pоссийский рубль en ruso
Código:RUB
Ámbito:Rusia Rusia
 Abkhasia
 Osetia do Sur
Símbolo:руб
Fracción:100 kopeks
Moedas:1, 5, 10, 50 kopeks
1, 2, 5, 10 RUB
Billetes:5, 10, 50, 100, 500, 1.000, 5.000 RUB
Emisor:Banco de Rusia[1]
Taxa de troco:
16-01-2015 [2]
1 EUR = 83,91 RUB
1 USD = 76,90 RUB
Troco actual

O rublo (en ruso рубль, rublʹ) é a unidade monetaria actual da Federación Rusa e das repúblicas autoproclamadas de Abkhasia e Osetia do Sur. Foi a moeda oficial na Unión Soviética e no Imperio Ruso.

Historia editar

Véxase tamén: Rublo soviético.
Moedas de rublo da época imperial
Reverso dunha moeda de prata 1 rublo
Anverso dunha moeda de prata 1 rublo coa efixie do tsar Nicolao II
Reverso dunha moeda de prata 15 kópecks
Anverso dunha moeda de prata 15 kópecks
Anverso dunha moeda de ouro 5 rublos coa efixie do tsar Nicolao II

O rublo implantouse de forma definitiva xunto coa creación do Imperio Ruso no século XVI á chegada de Iván o Terrible Durante case tres séculos conviviu con outras unidades monetarias como o denga ou a polushka. Co tempo, o rublo abriuse camiño e as restantes moedas desapareceron ou se converteron na forma coloquial de chamar a unha fracción determinada de rublo. Durante o reinado de Nicolao II, último tsar de Rusia, a polushka era o equivalente a 1/400 de rublo, e 1/2 rublo recibía o nome de poltinik. Na era soviética denominábase comunmente chiervoniets á moeda de ouro de 10 rublos. Desde a súa aparición, a centésima parte do rublo recibe o nome de kópeck.

O rublo apenas perdeu o seu valor desde a súa aparición ata a Revolución Rusa en 1917 grazas ao control autocrático dos tsares. Cando a guerra civil rusa chegou ao seu fin, Lenin decidiu, como unha das medidas da NEP, a desvalorización do rublo nun 50%. Desde 1917, o rublo foi perdendo progresivamente valor no mercado internacional ata que en 1958, o secretario xeral do PCUS Nikita Khrushchev estableceu un cambio oficial e permanente de 1,5 dólares estadounidenses por rublo. Este cambio permaneceu ata a aparición da chamada perestroika, imposta a finais da década dos anos 1980 por Mikhail Gorbachev, que esixía unha nova desvalorización. O rublo pasou a valer 1/10 do seu valor anterior en 1990.

A partir da caída da Unión Soviética en decembro de 1991, o valor do rublo veu abaixo. Todas as repúblicas integrantes da CEI (todas as que formaban a URSS fóra de Estonia, Letonia e Lituania ademais de Moldavia e Xeorxia que ingresarían máis tarde) aceptaron continuar co rublo como moeda oficial. Ucraína violaría o acordo xunto con Taxikistán (que ironicamente volvería aceptar o rublo) en primeiro lugar. Para finais 1992 tan só Belarús e Rusia utilizaban rublos, e este sufriu unha depreciación que deixou o cambio en 100 rublos por dólar. En 1993, a caída foi máxima e o valor do rublo quedou a 1000 rublos por dólar e Belarús comezou a emitir os seus propios rublos. Entre 1993 e 1997 a tremenda inflación cesou e o rublo mantivo o seu pobre valor estabilizado. En 1997 fíxose unha enorme reforma que deixou o cambio oficial a 30 rublos por dólar. Belarús volveu adoptar o rublo emitido por Rusia despois de que os seus propios rublos sufrisen unha caída tal que se chegaron a facer emisións de billetes de varios millóns de rublos. Taxikistán tamén volveu aceptar o rublo ruso logo da revalorización.

Doutra banda, en 1946 unha compañía mineira soviética instalouse nas illas Svalbard ao norte de Noruega e no interior do Círculo Polar Ártico. Esta compañía, chamada Арктикунгол (Arktikungol), emitiu unha serie de moedas de kopieika para uso exclusivo dos habitantes da illa quen, a pesar de que vivían en terras norueguesas, eran en máis dun 80% de nacionalidade soviética. Tras a caída da Unión Soviética, a compañía emitiu en 1993 unha nova serie de moedas, esta vez de rublos enteiros debido á depreciación da moeda. Outras emisións realizáronse en 1999, 2000, 2002 e 2004. Estes rublos teñen valor comercial non só nas illas Svalvard (Шпицверген - Shpitsbiergien en ruso) senón en todo o territorio ruso. Debido á súa escasa tirada, os rublos das illas Svalbard son moi apreciados polos coleccionistas.

Moedas e billetes actuais editar

Moedas editar

Existen moedas de rublos nas seguintes denominacións:

 
1998 Moeda de dous rublos da Federación Rusa
  • 1 kópeck (raramente usado)
  • 5 kópecks (raramente usado)
  • 10 kópecks
  • 15 kópecks
  • 50 kópecks
  • 1 rublo
  • 2 rublos
  • 5 rublos

Billetes editar

Os billetes en circulación en 2005 son os das denominacións que a continuación se enumeran. Cada denominación está dedicada a unha cidade rusa, polo que os motivos que se representan pertencen a devandita cidade.

  • 5 rublos
    • 61 x 137 mm
    • Tonalidade: verde
    • Cidade motivo: Novgorod
    • Anverso: Monumento ao Milenio Ruso, de fondo a Catedral de Santa Sofía en Novgorod
    • Reverso: A muralla do Kremlin de Novgorod.
  • 10 rublos
    • 65 x 150 mm
    • Tonalidade: verde escuro e marrón
    • Cidade motivo: Krasnoyarsk
    • Anverso: Ponte sobre o río Ienisei e unha capela
    • Reverso: Planta hidroeléctrica
  • 50 rublos
  • 100 rublos
    • 65 x 150 mm
    • Tonalidade rosa e alaranxada
    • Cidade motivo: Moscova
    • Anverso: escultura dunha cuadriga na fachada do Teatro Bolshoi
    • Reverso: Edificio do Teatro Bolshoi
  • 500 rublos
    • 65 x 150 mm
    • Tonalidade: azul violeta
    • Cidade motivo: Arjangelsk
    • Anverso: monumento a Pedro o Grande e un barco veleiro, de fondo a Terminal marítima de Arjangelsk
    • Reverso: Mosteiro Solovetsky
  • 1000 rublos
    • 69 x 157 mm
    • Tonalidade: azul verdáceo
    • Cidade motivo: Yaroslavl
    • Anverso: Monumento ao príncipe Yaroslav o Sabio, de fondo capela no Kremlin de Yaroslavl
    • Reverso: Igrexa do Precursor.

Billetes do Imperio Ruso editar

Estes son os billetes que circulaban a finais do século XIX, principios do século XX no Imperio Ruso:

Valor Anverso Reverso
1
 
 
3
 
 
5
 
 
10
 
 
25
 
 
100
 
 

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar