Comunidade de Estados Independentes
A Comunidade de Estados Independentes (CEI) é unha organización supranacional composta por 9 das 15 ex-repúblicas soviéticas, coa excepción dos 3 estados bálticos (Estonia, Letonia e Lituania, que na actualidade son membros da Unión Europea); Turkmenistán (que abandonou a organización o 26 de agosto do 2005 para converterse en membro asociado); Xeorxia, que se retirou o 18 de agosto de 2009 e Ucraína que de iure non é membro da CEI, ao non ratificar o estatuto da organización, malia que é un estado fundador e membro da Comunidade. Mongolia participa nalgunhas estruturas da CEI como observador..
Müstəqil Dövlətlər Birliyi (az) Անկախ Պետությունների Համագործակցություն (hy) Садружнасць Незалежных Дзяржаў (be) Тәуелсіз Мемлекеттер Достастығы (kk) Көзкарандысыз мамлекеттердин шериктештиги (ky) Содружество Независимых Государств (ru) Иттиҳоди Давлатҳои Мустақил (tg) Garaşsyz Döwletleriň Arkalaşygy (tk) Mustaqil Davlatlar Hamdo'stligi (uz) | |||||
Epónimo | commonwealth (en) , Independencia e estado soberano | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Capital | Minsk | ||||
Poboación | |||||
Lingua oficial | lingua rusa | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Fundador | República Socialista Soviética Federativa de Rusia, República Socialista Soviética de Ucraína e República Socialista Soviética de Belarús | ||||
Creación | 8 de decembro de 1991 | ||||
Sitio web | e-cis.info | ||||
A súa creación asinou a disolución da Unión Soviética e, segundo Vladimir Putin, o seu propósito foi o permitir un "divorcio civilizado" entre as repúblicas que conformaban a Unión. Dende a creación da CEI asináronse numerosos documentos sobre cooperación económica, defensa e relacións internacionais entre os seus estados membros.
A CEI é unha asociación pouco firme de estados, e non pode compararse de ningunha maneira a unha federación, confederación ou unión supranacional como pode ser a Unión Europea. É máis comparable á Commonwealth de Nacións. Aínda que a CEI ten poucos poderes supranacionais, pretende ser máis ben unha organización simbólica, nominalmente posúe competencias nos campos do comercio, finanzas, lexislación e seguridade. Tamén promove a cooperación na democratización e a prevención do crime trasfronteirizo.
Máis aínda, oito dos nove estados membros da CEI formaron unha Área de Libre Comercio, e cinco deles a Unión Eurasiática, unha unión económica e de aduanas de 180 millóns de persoas. No aspecto defensivo, seis estados da CEI participan nunha alianza de defensa mutua: a Organización do Tratado de Seguridade Colectiva.
Historia
editarA organización fundárona o 8 de decembro de 1991 a República de Belarús, a Federación Rusa e Ucraína, cando os líderes deses tres países reuníronse na reserva natural de Belovezhskaya Pushcha, a uns 50 quilómetros ao norte de Brest, en Belarús, e asinaron o Tratado de Belovesh (ruso: Соглашение, Soglasheniye), polo que se disolvía a Unión Soviética e se creaba a CEI como entidade sucesora da URSS. Ao mesmo tempo anunciaron que a nova alianza estaría aberta a todas as repúblicas da antiga Unión Soviética, ademais de a outras nacións que compartisen os mesmos obxectivos. A constitución afirmaba que todos os membros eran nacións soberanas e independentes, e polo tanto abolía á Unión Soviética.
O 21 de decembro de 1991, os líderes de oito ex-repúblicas soviéticas máis (Armenia, Acerbaixán, Casaquistán, Kirguizistán, Moldova, Taxiquistán, Turkmenistáne Uzbekistán), asinaron o protocolo Alma-Ata e uníronse á CEI, aumentando o número de países participantes a 11. Xeorxia uniríase dous anos despois, en decembro de 1993. A partir de entón, 12 das 15 antigas repúblicas soviéticas participaron na CEI. As tres repúblicas bálticas, Estonia, Letonia e Lituania, decidiron non unirse.
Entre os anos 2003 e 2005, tres estados membros da CEI experimentaron cambios de goberno nunha serie de revolucións de cores: Eduard Shevardnadze foi derrocado en Xeorxia; Viktor Yushchenko foi elixido en Ucraína; e, por último, Askar Akayev foi derrocado en Kirguizistán. En febreiro do ano 2006 Xeorxia retirouse oficialmente do Consello de Ministros de Defensa, alegando que "Xeorxia está en proceso de unirse á OTAN e non pode estar en dúas estruturas militares á vez", aínda que seguiu sendo membro da CEI ata agosto de 2009, un ano despois da súa baixa oficial despois da guerra de Osetia do Sur en 2008. En marzo de 2007, Igor Ivanov, o secretario do Consello de Seguridade Ruso, expresou as súas dúbidas sobre a utilidade da CEI, poñéndo énfase en que a Comunidade Económica Eurasiática se estaba a converter nunha organización máis competente para unificar aos países máis grandes da CEI. Despois da retirada de Xeorxia, os presidentes de Taxiquistán, Turkmenistán e Uzbekistán faltaron á reunión de outubro do 2009 da organización.
En maio do 2009 Armenia, Acerbaixán, Belarús, Xeorxia, Moldova e Ucraína uníronse á Asociación Oriental, un proxecto iniciado pola Unión Europea.
Institucións da CEI
editarSede Executiva | Minsk Secretario Ejecutivo: Sergei Lebedev (desde 2007) |
Tribunal de Arbitraxe | Minsk |
Asemblea Interparlamentaria | San Petersburgo |
Consello Económico Consultivo | Kíiv |
Os membros da CEI poden interactuar e coordinar as súas accións a través das seguintes institucións:
- Consello de Xefes de Estado.
- Consello de Xefes de Goberno.
- Consello de Ministros de Relacións Exteriores.
- Consello de Ministros de Defensa.
- Asemblea Interparlamentaria: Establecida en marzo de 1992 como unha institución de consulta, os primeiros participantes foron Armenia, Belarús, Casaquistán, Taxiquistán, Uzbekistán, Kirguistán e Rusia. Entre 1993 e 1996 Acerbaixán, Xeorxia e Moldova tamén se uniron. Ucraína accedeu a unirse en 1999. A Asemblea Interparlamentaria ten as súas sesións en San Petersburgo dúas veces ó ano, e está composta por delegacións parlamentarias de cada un dos seus Estados membros. Conta con comisións permanentes de Asuntos legais, Economía e finanzas, Política social e Dereitos humanos e Ecoloxía e Recursos naturais.
- Corte Económica.
- Consello Económico.
- Comité Executivo.
- Consello de Comandantes de Fronteira.
- Banco Interestatal.
- Comité de Estatísticas Interestatal.
Secretarios executivos
editarA sede executiva da CEI está radicada en Minsk e está presidida polo Secretario executivo, cargo que ocupa Sergey Lebedev desde 2007.
Nome | País | Mandato |
---|---|---|
Ivan Korotchenya | Belarús | 26 de decembro de 1991 – 29 de abril de 1998 |
Boris Berezovsky | Rusia | 29 de abril de 1998 – 4 de marzo de 1999 |
Ivan Korotchenya | Belarús | 4 de marzo – 2 de abril de 1999 |
Yury Yarov | Rusia | 2 de abril de 1999 – 14 de xuño de 2004 |
Vladimir Rushailo | Rusia | 14 de xuño de 2004 – 5 de outubro de 2007 |
Sergei Lebedev | Rusia | 5 de outubro de 2007 – No cargo |
Países membros
editarA CEI ten nove países membros ratificados. O Tratado de Belavezha foi o principal documento constituente ata xaneiro de 1993, data na que foi adoptada a Carta da CEI (en ruso Устав, transliterado Ustav)[1]. A Carta formalizaba o concepto de país membro: un país membro defínese coma un país que ratifica a Carta da CEI (sec. 2, art. 7).
Turkmenistán non ratificou a Carta e pasou a ser membro asociado da CEI o 26 de agosto de 2005 para ser consecuente coa súa aspiración de que a ONU lle recoñecera un status de país neutral[2].
Aínda que Ukraína foi un dos países fundadores e asinou o Tratado de 1991, non fixo o mesmo coa Carta da CEI[3][4] por non estar de acordo coa pretensión rusa de ser o único sucesor legal da Unión Soviética, polo tanto, non contemplaba ser un membro da CEI[5]. En 1993 Ukraína permaneceu como un membro asociado da CEI[6]. O 14 de marzo de 2014, entrou un proxecto de lei no parlamento ucraíno para denunciar a ratificación do Tratado de 1991, despois da intervención rusa en Ucraína e a anexión de Crimea pola Federación Rusa, mais non chegou a aprobarse[7][8][9]. Despois das eleccións parlamentarias de 2014 presentouse un novo proxecto de lei para denunciar o Tratado da adhesión[10][11].
Como consecuencia do apoio ruso ás rexións independentistas de Moldova, Xeorxia e Ucraína[12][13][14], e das violacións do Tratado de adaptación das forzas armadas convencionais en Europa asinado en Turquía en 1999, o 25 de marzo de 2014 foron propostas no Parlamento de Moldova iniciativas lexislativas para denunciar o Tratado de creación da CEI, se ben non chegaron a seren aprobadas[15][16][17].
Membros actuais
editarPaís | Sinatura do acordo | Ratificación | Estado |
---|---|---|---|
Armenia | 18 de febreiro de 1992 | 16 de marzo de 1994 | Estado membro |
Acerbaixán | 24 de setembro de 1993 | 24 de setembro de 1993 | Estado membro |
Belarús | 10 de decembro de 1991 | 18 de xaneiro de 1994 | Estado membro |
Casaquistán | 23 de decembro de 1991 | 20 de abril de 1994 | Estado membro |
Kirguizistán | 6 de marzo de 1992 | 12 de abril de 1994 | Estado membro |
Moldova | 8 de abril de 1994 | 15 de abril de 1994 | Estado membro |
Rusia | 12 de decembro de 1991 | 20 de xullo de 1993 | Estado membro |
Taxiquistán | 26 de xuño de 1993 | 4 de agosto de 1993 | Estado membro |
Uzbekistán | 4 de xaneiro de 1992 | 9 de febreiro de 1994 | Estado membro |
Estados con participación
editarPaís | Sinatura do acordo | Ratificación | Estado |
---|---|---|---|
Turkmenistán | 26 de decembro de 1991 | Non ratificado | Estado fundador e estado asociado non oficial |
Ucraína | 10 de decembro de 1991 | Non ratificado | Estado fundador con participación pero non membro oficial |
Antigos membros
editarPaís | Sinatura do acordo | Ratificación | Saída | Estado |
---|---|---|---|---|
Xeorxia | 3 de decembro de 1993 | 19 de abril de 1994 | 18 de agosto de 2008 | Antigo estado membro |
Dereitos humanos
editarDesde a súa creación, un dos obxectivos básicos da CEI foi o de prover un foro de discusión de asuntos relacionados co desenvolvemento económico e social dos novos estados independentes. Para acadar estes obxectivos, os estados membros estaban de acordo en promover e protexer os dereitos humanos. Os esforzos iniciais neste sentido non pasaron de seren simples declaracións de boa vontade. A Carta da CEI, de xaneiro de 1993 creaba, no seu artigo 33, unha Comisión de Dereitos Humanos con sede en Minsk, que foi confirmada polo Consello de Xefes de Estado nese mesmo ano. O 26 de maio de 1995, adoptouse a Convención de Dereitos Humanos e Liberdades Fundamentais da CEI,[18] que incluía dereitos civís, políticos, sociais e económicos. A convención entrou en vigor en 1998 e tomou como modelo á Convención Europea de Dereitos Humanos, aínda que carecía dos fortes mecanismos de execución desta. A Convención de Dereitos Humanos da CEI outorgolla unha autoridade moi vaga á Comisión de Dereitos Humanos. Porén, a Comisión do Estatuto dos Dereitos Humanos, tamén adoptada polos estados membros da CEI, dálle á Comisión o dereito de recibir comunicacións tanto interestatais coma individuais.
A pesar de todas estas medidas, os países da CEI, especialmente os de Asia Central, continúan a estar entre os que menos respectan os dereitos humanos. Moitos activistas sinalan o masacre de Andijan en Uzbekistán, o culto á personalidade do presidente Gurbanguly Berdimuhamedow de Turkmenistán (sen ben é só un membro asociado), ou a pena de morte en Belarús[19], para mostrar que apenas houbo progresos en dereitos humanos desde o colapso da Unión Soviética. A consolidación no poder do presidente Vladimir Putin tivo como consecuencia un declive dos modestos progresos neste eido nos anos anteriores en Rusia. A Comunidade de Estados Independentes continúa a enfrontarse a serios desafíos, mesmo na consecución de estándares básicos[20].
Estruturas militares
editarA Carta da CEI establece a formación dun Consello de Ministros de Defensa, coa finalidade de coordinar a cooperación militar entre os países membros. Para iso, o Consello desenvolve aproximacións conceptuais ás cuestións de política militar e de defensa dos estados membros; desenvolve propostas destinadas a previr conflitos armados no territorio dos estados membros ou coa súa participación; dá opinións expertas sobre anteproxectos de tratados e acordos relativos a cuestións de defensa e desenvolvemento militar; estuda asuntos relativos a suxestións e propostas a petición do Consello de Xefes de Estado. Outro traballo importante do Consello é a aproximación dos actos legais na área de defensa e desenvolvemento militar.
Unha manifestación importante dos procesos de integración na área de colaboración militar e defensiva é a creación, en 1995, do Sistema Conxunto de Defensa Aérea da CEI. Ao longo dos anos, o persoal militar do Sistema Conxunto de Defensa Aérea creceu o dobre cara a fronteira occidental, a fronteira europea da CIS, e 1,5 veces cara a súa fronteira meridional[21].
Cando Boris Eltsin foi nomeado Ministro de Defensa ruso o 7 de maio de 1992, Yevgeny Shaposhnikov, Comandante en Xefe das Forzas Armadas da CEI, e o seu equipo foron trasladados desde os edificios das Forzas Armadas da Federación Rusa ás dependencias do Cuartel Xeneral do antigo Pacto de Varsovia, no número 41 de Leningradsky Prospekt nos suburbios do norte de Moscova[22]. Shaposhnikov renunciou ó cargo en xuño de 1993.
En decembro de 1993 foi abolido o Cuartel Xeneral das Forzas Armadas da CEI[23]. No seu lugar, o Consello de Ministros de Defensa da CEI creou o Cuartel Xeneral de Coordinación da Cooperación Militar en Moscova, con fondos achegados nun 50% por Rusia[24]. O xeneral Viktor Samsonov foi nomeado Xefe do Cuartel Xeneral, que foi trasladado a 101000, Москва, Сверчков переулок, 3/2, pasando o número 41 de Leningradsky Prospekt a albergar unha axencia do Ministerio de Defensa ruso.
Os xefes militares da CEI téñense pronunciado a favor da integración das súas forzas armadas nacionais[25].
Deporte
editarCando se disolveu a Unión Soviética en decembro de 1991, moitos dos seus equipos deportivos estaban invitados ou gañaran praza para competiren en varios eventos deportivos de 1992. Para poder asistir a algún destes eventos formouse un equipo da CEI, que derivou no Equipo Unificado para competir nos Xogos Olímpicos, tanto de inverno coma de verán, de 1992. O equipo de fútbol da CEI participou tamén na Eurocopa de 1992.
Un equipo de bandy da CEI disputou algúns amigables en xaneiro de 1992 e fixo a súa derradeira aparición na Copa do Goberno de Rusia, onde tamén xogou contra o novo equipo nacional ruso de bandy. O Campionato Soviético de Bandy da Unión Soviética da tempada 1991-92 foi renomeado como Campionato da CEI de Bandy.
Desde entón, cada país da CEI continuou participando nas competicións internacionais dos distintos deportes co seu propio equipo nacional.
Notas
editar- ↑ "Carta da CEI". archive.org (en ruso). Archived from the original on 23 de xullo de 2006. Consultado o 12 de outubro de 2015.
- ↑ Radio Free Europe/Radio Liberty, ed. (29/08/2005). "Turkmenistan reduces CIS ties to "Associate Member" (en inglés). Consultado o 11 de outubro de 2015.
- ↑ Matthew Sussex, ed. (2012). Conflict in the Former USSR (en inglés). Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-76310-3.
- ↑ Russia and Newly Independent States (Nis) Mineral Industry Handbook (en inglés) 2. International Busisness Publications. 2011. ISBN 1-4330-4118-9. Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2016. Consultado o 12 de outubro de 2015.
- ↑ Ukrainian Independent Information Agency (UNIAN), ed. (19/08/2008). "Ukraine to analyze expediency of taking part in CIS projects" (en inglés). Consultado o 11 de outubro de 2015.
- ↑ D'Anieri, Paul J. (1999). Economic Interdependence in Ukrainian-Russian Relations (en inglés). Albany: State University of New York Press. ISBN 0-7914-4245-4.
- ↑ Kyiv Post, ed. (15/03/2014). "Bill introduced to withdraw Ukraine from CIS" (en inglés). Consultado o 11 de outubro de 2015.
- ↑ Parlamento de Ucraína (ed.). "Результати пошуку законопроектiв, зареєстрованих Верховною Радою України" (en ucraíno). Consultado o 11 de outubro de 2015.
- ↑ Axencia TASS, ed. (27/05/2014). "Draft documents on Ukraine’s withdrawal from CIS submitted to Verkhovna Rada" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14/07/2014. Consultado o 11 de outurbro de 2015.
- ↑ Parlamento de Ucraína (ed.). "Проект Постанови про припинення членства та участі України в органах Співдружності Незалежних Держав" (en ucraíno). Consultado o 11 de outubro de 2015.
- ↑ Parlamento de Ucraína (ed.). "Проект Закону про зупинення дії Угоди про створення Співдружності Незалежних Держав" (en ucraíno). Consultado o 11 de outubro de 2015.
- ↑ Buckley, Neil (25/11/2014). Financial Times, ed. "Georgia calls on west to condemn Abkhazia treaty with Russia" (en inglés). Consultado o 11 de outubro de 2015.
- ↑ Rettman, Andrew (7/5/2015). "Donbas: A new 'black hole' in Europe". euobserver.com (en inglés). Consultado o 11 de outubro de 2015.
- ↑ Moscow Times, ed. (26/4/2015). "Russia Erecting Monument to 'Little Green Men' Who Took Over Crimea" (en inglés). Consultado o 11 de outubro de 2015.
- ↑ Ukrinform, ed. (25/3/2014). "В Молдове предлагают денонсировать соглашение о создании СНГ" (en ucraíno). Arquivado dende o orixinal o 05/07/2015. Consultado o 11 de outubro de 2015.
- ↑ Parlamento da República Moldova (ed.). "Proiectul hotărîrii cu privire la denunțarea Acordului de constituire a Comunității Statelor Independente" (en moldovo). Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2014. Consultado o 11 de outubro de 2015.
- ↑ Parlamento da República Moldova (ed.). "Proiectul legii cu privire la denunțarea Acordului de constituire a Comunității Statelor Independente nr.40-XII din 08.04.1994" (en moldovo). Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2014. Consultado o 11 de outubro de 2015.
- ↑ Refugees, United Nations High Commissioner for. "Commonwealth of Independent States Convention on Human Rights and Fundamental Freedoms". Refworld (en inglés). Consultado o 2022-03-22.
- ↑ Amnistía Internacional (ed.). "Ejecuciones en Bielorrusia: ¿más de lo mismo?" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 13 de outubro de 2015.
- ↑ The Freedom House, ed. (2011). "Democracy Deficit Grows in Former Soviet Union" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 12 de outubro de 2015.
- ↑ Cis.minsk.by (ed.). "Информация о Совете министров обороны государств – участников Содружества Независимых Государств" (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 12 de outubro de 2015.
- ↑ Odom, William E. (1998). The Collapse of the Soviet Military (en castelán). Yale University Press. pp. 385–86. ISBN 0-300-07469-7.
- ↑ Wrzezinski, Zbigniew; Sullivan, Paige, eds. (1997). Russia and the Commonwealth of Independent States (en inglés). The Center for Strategic and International Studies & M. E. Sharpe. p. 464. ISBN 1-56324-637-6.
- ↑ Stockholm International Peace Research Institute (SIPRI) (ed.). SIPRI 1998 Annual (en inglés). p. 18.
- ↑ sputniknews, ed. (3/12/2010). "CIS chiefs of staff want military integration" (en inglés). Consultado o 12 de outubro de 2015.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Comunidade de Estados Independentes |
Ligazóns externas
editar- Páxina da CEI (en ruso)
- Fundación da CEI (en inglés).