O Teatro Bolshoy (Большо́й теа́тр, [bʌlʲ 'ʃɔj tʲɪ'atr], en galego pronunciaríase coma balxoi) é tanto un teatro como unha Compañía de teatro, danza e ópera con sede en Moscova, Rusia, e unha unidade adicional en Joinville, Brasil. A palabra Bolshoy significa "grande" en ruso.

Teatro Bolshoi

Tipoorganización, compañía de teatro e teatro Editar o valor en Wikidata
SedeMoscova Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 55°45′37″N 37°37′07″L / 55.7603, 37.6186
EstadoRusia
CapitalMoscova
Distrito administrativoDistrito administrativo central de Moscova
Distritodistrito de Tverskoy Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónTheatre Square (en) Traducir e Moscova Editar o valor en Wikidata
RúaTheatre Square (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datas
Fundación28 de marzo de 1776 Editar o valor en Wikidata
Acontecementos
1853 incendio
1896 reconstrución
década de 1920 reconstrución
década de 1940 incendio
2005 – outubro de 2011renovación Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Capacidade1.740 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
DirectorVladimir Urin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cadro de persoal900 Editar o valor en Wikidata
Patrimonio cultural
DistinciónsOrde de Lenin, Teatro Académico e International Opera Awards Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBbolshoi.ru Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: bolshoitheatre Twitter: BolshoiOfficial Instagram: bolshoi_theatre Telegram: bolshoi_theatre VK: bolshoitheatre Youtube: UCUimBc08CcsoCvP_WlYJl0Q Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

A compañía foi fundada en 1776 por Peter Urussov e Michael Maddox. Despois de tres anos de se presentar nun recinto privado, adquiriu o teatro Petrovsky, onde durou ata o incendio que destruíu o edificio en 1805.

O edificio que actualmente funciona como sede foi construído en 1825 sobre os restos do teatro Petrovsky, deseñado polo arquitecto Ossip Ivanovitch Bovet. Este teatro é, despois do Scala, o maior teatro de Europa.

Nun principio, o Teatro Bolshoy era un foro exclusivo para a arte rusa; as óperas presentadas servían como contrapeso á forte influencia italiana do século XIX. Entre os compositores predilectos estaba Mikhail Glinka. Actualmente, toda tempada teatral comeza cunha ópera de Glinka.

Véxase tamén

editar