Nicolao II de Rusia

Nicolao II de Rusia (en ruso: Николaй Алексaндрович Ромaнов, Nikolai Aleksandrovich Romanov), nado en San Petersburgo o 6 de maioxul./ 18 de maio de 1868greg. e finado en Ekaterimburgo o 17 de xullo de 1918, foi o último tsar de Rusia. Fillo de Alexandre III, gobernou desde a morte do seu pai, o 20 de outubroxul./ 1 de novembro de 1894greg., ata a súa abdicación o 2 de marzoxul./ 15 de marzo de 1917greg., cando renunciou no seu nome e no do seu fillo Aleksei e o trono pasou ao seu irmán, o gran duque Miguel. Durante o seu reinado viu como o Imperio ruso sufriu un desastre económico e militar. Foi alcumado Nicolao o Sanguinario polos críticos debido á Traxedia de Khodynka, o Domingo Sanguento e polos pogromos antisemitas que se produciron durante o seu reinado. Como Xefe de Estado, aprobou a mobilización de agosto de 1914 que marcou o inicio da primeira guerra mundial, a revolución e a consecuente caída da dinastía Romanov.

Modelo:BiografíaA Súa Maxestade Imperial Editar o valor en Wikidata
Nicolao II de Rusia

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ru) Николай II Александрович Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ru) Николай Александрович Editar o valor en Wikidata
18 de maio de 1868 Editar o valor en Wikidata
Pushkino (Imperio Ruso) Editar o valor en Wikidata
Morte17 de xullo de 1918 Editar o valor en Wikidata (50 anos)
Ekaterimburgo (República Socialista Soviética Federativa de Rusia) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de San Pedro e San Paulo de San Petersburgo (1998–) Editar o valor en Wikidata
Rei de Polonia
1 de novembro de 1894 – 5 de novembro de 1916
← Alexandre III de RusiaSupresión do cargo →
Gran Príncipe de Finlandia
1 de novembro de 1894 – 15 de marzo de 1917
← Alexandre III de RusiaSupresión do cargo →
Emperador de todas as Rusias
20 de outubro de 1894 (Xuliano) – 2 de marzo de 1917 (Xuliano) (Abdicación)
← Alexandre III de RusiaMiguel Aleksandrovich de Rusia →
Membro do Consello de Estado do Imperio Ruso
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaPalacio de Alexandre Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa ortodoxa rusa e cristianismo ortodoxo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo San Petersburgo Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
ProfesoresIvan Zhdanov Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
LealdadeImperio Ruso Editar o valor en Wikidata
Rama militarExército Imperial Ruso Editar o valor en Wikidata
Rango militarCoronel Editar o valor en Wikidata
ConflitoPrimeira guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa17 de xullo Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloEmperador de todas as Rusias (1894 (Xuliano)–1917 (Xuliano)) Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Holstein-Gottorp-Romanov Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAlexandra Fiodorovna Romanova (1894–valor descoñecido) Editar o valor en Wikidata
ParellaMathilde Kschessinska Editar o valor en Wikidata
FillosOlga Nikolaevna Romanova
 () Alexandra Fiodorovna Romanova
Tatiana Nikolaevna Romanova
 () Alexandra Fiodorovna Romanova
María Nikolaevna Romanova
 () Alexandra Fiodorovna Romanova
Anastasia Nikolaevna Romanova
 () Alexandra Fiodorovna Romanova
Alexei Nikolaevich Romanov
 () Alexandra Fiodorovna Romanova Editar o valor en Wikidata
PaisAlexandre III de Rusia Editar o valor en Wikidata  e Dagmar de Dinamarca Editar o valor en Wikidata
IrmánsMiguel Aleksandrovich de Rusia
Xurxo Aleksandrovich Romanov
Alexandre Aleksándrovich Románov
Olga de Rusia
Xenia Alexandrovna de Rusia Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
30 de abril de 2020Noivado (Coburgo)
16 de xullo de 1918Execución da familia Romanov
26 de maio de 1896coroación de Nicolao II e Alexandra Feodorovna
26 de novembro de 1894Voda
11 de maio de 1891Incidente de Ōtsu
23 de outubro de 1890 (Xuliano)-4 de agosto de 1891 (Xuliano)viaxe ao leste de Nicolao II Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0874739 BNE: XX1024631 WikiTree: Romanov-29 Find a Grave: 8100 Editar o valor en Wikidata

O seu reinado acabou coa súa abdicación trala Revolución de Febreiro de 1917, cando intentando volver do Cuartel Xeral de Mogilev á Petrogrado, foi detido en Pskov e foi obrigado a abdicar.[1] A partir de entón, o tsar e a súa familia foron apresados, primeiro no Palacio de Alexandre, en Tsarskoe Selo, despois na casa do gobernador de Tobolsk e finalmente na casa Ipatiev de Ekaterimburgo. Nicolao II, a súa muller Alexandra, os seus cinco fillos, o médico da familia e tres serventes máis foron executados no soto da casa polos bolxeviques na madrugada do 16 ao 17 de xullo de 1918. Este acto foi ordenado por Vladimir Lenin e o líder bolxevique Iakov Sverdlov.[2] Posteriormente, Nicolao II e a súa familia foron canonizados como mártires pola Igrexa Ortodoxa Rusa fóra de Rusia.

Traxectoria

editar

Nacemento

editar

Fillo do Tsar Alexandre III de Rusia e da princesa Dagmar de Dinamarca e neto por vía paterna do Tsar Alexandre II de Rusia, e pola vía materna do rei Cristián IX de Dinamarca. Naceu no palacio real de Tsarskoe Selo, nas aforas de San Petersburgo o 26 de abrilxul./ 8 de maio de 1868greg.. Tivo tres irmáns: Alexandre, Xurxo e Miguel e dúas irmás: Xenia e Olga.

Recibiu unha boa educación, centrada na política e relixión, que o converteu nun home conservador e relixioso, pero ó mesmo tempo devoto á vida familiar que tería anos despois de casar. A súa xuventude pasouna na compaña dos seus pais, polos que sentía moito afecto, e relaxábase na presenza dos seus numerosos curmáns. O 1 de marzoxul./ 13 de marzo de 1881greg. o seu avó foi asasinado por anarquistas, e Nicolao converteuse en herdeiro ó trono.

Tsarévich

editar
 
A emperatriz María Fedorovna xunto a Nicolao en 1870.

Nicolao pasou a ser o tsarévich tralo asasinato do seu avó, Alexandre II, o 1 de marzoxul./ 13 de marzo de 1881greg. e a posterior coroación do seu pai, Alexandre III como tsar de Todas as Rusias. Por razóns de seguridade, o novo tsar e a súa familia mudáronse do Palacio de Inverno, en San Petersburgo,[3] cara ao Palacio de Gatchina, fóra da cidade.

Nicolao e os seus irmáns recibiron unha dura educación, durmían en duros catres militares e as súas habitacións tiñan pouco mobiliario, coa excepción dunha icona da Virxe María co Neno, rodeada de perlas e outras xemas. A súa avoa, María Aleksandrovna introduciu costumes ingleses dentro da familia Romanov: gachas no café da mañá, baños fríos e abundante aire fresco.[4]

O tsarévich Nicolao cursou estudos de francés, alemán e inglés, xeografía, baile e outras materias. O conselleiro do seu pai e antigo titor deste, Konstantin Pobedonostsev, enfatizava fortemente a absoluta autocracia do tsar.[5]

Como moitas persoas da súa época, Nicolao mantiña un detallado diario, no que tomaba notas dos detalles máis importantes do seu día.[6] En maio de 1890 algúns días antes de cumprir os 22 anos, anotou: "Hoxe eu terminei definitiva e eternamente a miña educación."[7]

En outubro do mesmo ano, acompañado polo seu irmán Xurxo, viaxou a Exipto, a India e o Xapón. A viaxe foi organizada polo tsar para suplementar a educación formal de Nicolao, e darlle a oportunidade de experimentar a vida fóra de San Petersburgo e do palacio.[8] Mentres estaba no Xapón, Nicolao sufriu un intento de asasinato do que resultou ileso.[9]

Aínda que Nicolao participase de encontros do Consello Imperial, as súas obrigacións foron limitadas ata o seu ascenso ao trono, xa que o seu pai tiña só 49 anos e esperábase que gobernara aínda por moitos anos.[10]

Noivado, casamento e ascenso ao trono

editar

En contra dos desexos dos seus pais, Nicolao casou coa princesa Alix de Hesse-Darmstadt, a cuarta filla de Lois IV de Hesse, e da princesa Alicia do Reino Unido. Os seus pais pretendían que casara coa princesa Helena de Orleáns, filla do conde de París, o que estreitaría as relacións de Rusia con Francia, mais desistiron trala insistencia de Nicolao.[11]

Unhas semanas antes da voda, o 1 de novembro de 1894, o seu pai, o Tsar Alexandre III morreu dunha afección renal, e Nicolao subiu inesperadamente ó trono. Pouco preparado, Nicolao, que era de personalidade feble, precisaba de apoiarse na súa querida Alix, con quen casou o 26 do mesmo mes.

 
Retrato oficial da familia imperial realizado en 1913. De esquerda a dereita: en pé a gran duquesa María e a tsarina Alexandra; sentados as gran duquesa Olga, o tsar Nicolao II, a gran duquesa Anastasia, o tsarévich Aleksei e a gran duquesa Tatiana.

O reinado do último tsar de Rusia, comezou fatalmente o día da coroación onde morreron 1.389 persoas nunha escorrentada durante as festividades o mes de maio do 1896 no campo de Jodynka, nas aforas de Moscova, a traxedia puidera ser símbolo de mal porvir ao seu reinado e ao futuro de toda a súa familia.[12]

Nicolao e Alexandra (versión rusificada do nome que ela adoptou trala súa conversión á Ortodoxia rusa) tiveron catro fillas e un fillo: Olga, nacida en 1895, Tatiana, en 1897, María, en 1899, Anastasia, en 1901, e Aleksei, en 1904. Desgraciadamente, o neno sufría de hemofilia. En constante perigo de morte, Aleksei precisaba de vixilancia as 24 horas do día, e a súa nai, aconsellada por dúas parentes do seu marido, coñeceu a Grigorii Rasputin, un monxe que dicía ter poderes divinos que podían cura-lo herdeiro. Tanto Nicolao coma Alexandra non dubidaron de Rasputin, e acollérono durante anos. Porén, Rasputin exerceu a súa influencia sobre o Tsar para involucrarse en temas de política. Unha conspiración acabou coa súa vida en decembro de 1916.

En 1914, estalou a primeira guerra mundial. Rusia, aliada co Reino Unido e Francia, combateu contra Alemaña e Austria. A guerra dividiu mesmo á familia real, pois a Tsarina era curmá tanto do Rei de Inglaterra, Xurxo V, coma do káiser de Alemaña, Guillerme II, pero tamén da raíña de Romanía, da raíña de Noruega e da muller do Príncipe Herdeiro de Suecia.

Política internacional

editar
 
Nicolao II pintado por Earnest Lipgart

A instancias dos seus conselleiros, Nicolao esforzouse por estender a súa influencia en Asia, rivalizando coas potencias occidentais na carreira imperialista; ordenou a intervención de Rusia na Guerra Chinés-Xaponesa de 1896, no establecemento da base de Port Arthur en 1898, a ocupación de Manchuria en 1900, e acordou cos británicos a repartición de Persia en esferas separadas de influencia en 1907.

Os intentos por exercer unha influencia determinante en Europa Oriental e os Balcáns como cabeza dun movemento paneslavista deron lugar a múltiples conflitos e tensións internacionais, en virtude do aliñamento ruso con Serbia fronte aos intereses do Imperio Austrohúngaro; pero, tras sufrir unha primeira derrota diplomática na crise de Bosnia (1908), as Guerras Balcánicas de 1912 e 1913 acabaron definitivamente co control ruso sobre a península balcánica.

Estableceu excelentes relacións con Francia, o seu máis leal aliado, e con Alemaña, grazas ao seu estreito parentesco co káiser Guillerme II; este último foi largamente o seu conselleiro de maior confianza en materia internacional, aínda que moi manipulador, resultaba evidente para calquera operador político máis sagaz que o tsar, que os seus consellos estaban orientados a empregar a influencia rusa para controlar os intereses doutras potencias, moitas veces en beneficio directo de Alemaña e socavar a alianza entre Francia e Rusia. A longo prazo, a influencia nefasta de Guillerme II ía ser a ruína para Nicolao II.

Autocracia e procesos revolucionarios

editar
 
1 rublo de 1897 coa efixie de Nicolao II.

A pesar de ter visitado o Reino Unido antes da súa coroación, onde observou a Cámara dos Comúns do Reino Unido nun debate e aparentemente quedou impresionado pola maquinaria da democracia, Nicolao recusou calquera idea de dar algún poder para elixir representantes en Rusia. Pouco despois de asumir o trono, unha delegación de campesiños e traballadores de varias asembleas de cidades locais (zemstvos) foi ao Palacio de Inverno propor reformas na corte, así como a adopción dunha monarquía constitucional.[13] Aínda que as cartas que eles enviaron de antemán foran en termos brandos e leais, Nicolao enfureceuse e ignorou a recomendación do Consello Imperial da Familia, dicindo:

"…chegou ao meu coñecemento que durante os últimos meses foron ouvidas en asembleas de zemstvos, voces daqueles que se satisfán dun tolo soño de que os zemstvos serían convidados para participar do goberno do país. Espero que todos saiban que eu devoto todas as miñas forzas para manter, polo ben de toda a nación, o principio absoluto da autocracia, tan firme e fortemente como o meu lamentado pai."[14]

Esas palabras mostraron a intención de Nicolao de continuar a política do pai e posiblemente o comezo da súa impopularidade.

Nicolao seguiu a liña autocrática dos seus antecesores, aínda que suavizando un pouco a liña deles, pero máis ben á marxe da súa intervención directa, o seu país tivo un proceso de industrialización acelerada que permitiu a Rusia entrar na era moderna, pero que tamén fixo xurdir importantes núcleos obreiros en forma de sindicatos.

A iniciativa do movemento liberal presentada ao novo tsar, de establecer unha Constitución que fixase as normas do exercicio do poder atopouse, con todo, cun rotundo rexeitamento monárquico; seguindo o consello de Pobiedonostev, Nicolao mostrouse severo co que cualificou de "insensatos soños de participación en asuntos de administración interna". A súa rixidez alienou a sectores non particularmente comprometidos cunha ideoloxía afín á revolución, e foi causa de que moitos se mostrasen descontentos.

Un destes descontentos chamábase Lenin, un avogado que proviña da rexión de Simbirsk, cuxo irmán, Alexander Uliánov foi executado por intento de asasinato de Alexandre III en 1887.

Vladimir Ilich Uliánov, máis tarde Lenin, realizou actividades subversivas en San Petersburgo, foi arrestado e exiliado a Siberia, e logo de ser liberado trasladouse a Xenebra e Londres para fundar as bases do movemento comunista. O alimento para as correntes revolucionarias como as que encabezarían Lenin, Trotski e outros, eran a carencia dunha política social máis solidaria de parte dos gobernantes, isto permitiu que se agravasen os grandes problemas históricos do réxime tsarista: a pobreza do campesiñado, a moi desigual distribución da terra, e a forte restrición no acceso aos cargos públicos. Isto ía ser o caldo de cultivo nos sindicatos das industrias para os grupos revolucionarios que xa estaban en xestación.

Guerra co Xapón e instauración da Duma

editar
Ver: Guerra ruso-xaponesa

En 1905, intentando conter o avance xaponés en Indochina, que ameazaba os portos rusos orientais, Nicolao declarou a guerra ao Xapón. Debido á incompetencia dos almirantes rusos, os xaponeses asediaron e bloquearon Port Arthur e Vladivostok, propinando unha severa derrota á frota rusa, parte da cal quedou encerrada en porto e semiafundida.

O emperador entón nun desesperado esforzo mobilizou á frota do Báltico, con buques de guerra inadecuados para mar a fóra, nun periplo que a levou a dar a volta a Europa e África, sostendo graves conflitos diplomáticos con Inglaterra (incidente do Dogger Bank) e Alemaña (que lle virou as costas) no transcurso da accidentada viaxe, para logo de case ano e medio de navegación chegar ao estreito de Tsushima, onde foi derrotada polas forzas navais xaponesas ao mando de Heihachiro Togo.

O descontento popular por esta derrota, sumado á crise interna, estalou nunha revolución naquel mesmo ano, que foi severamente pero ineficazmente reprimida no chamado Domingo Sanguento. Ante a ameaza dun alzamento, o tsar, mal aconsellado polo seu ministro Sergei Witte anunciou en 1905 varios cambios institucionais dirixidos a diminuír o talante absolutista da monarquía; o máis importante destes foi a convocatoria dunha Duma ou Parlamento, con potestades lexislativas limitadas, xunto coa promulgación en abril de 1906 dunhas leis fundamentais que deron un carácter semiconstitucional á monarquía.

Con todo, ao percibir que os integrantes da Duma planeaban poñer coto ao carácter autocrático do goberno, foi disolta e substituída por outra máis representativa dos intereses monárquicos; Nicolao esixiu ademais a dimisión do seu primeiro ministro, Sergei Witte. Cando o sucesor de Witte, Piotr Stolipin disolveu pouco despois a segunda Duma e modificou as leis electorais para asegurarse unha composición leal aos intereses tsaristas, deixou ao descuberto a continuidade do sistema autocrático. Este mal manexo da situación fixo estalar a segunda rebelión bolxevique.

Primeira guerra mundial

editar
 
Nicolao II (dereita) con Guillerme II de Alemaña en 1905. Nicolao leva o uniforme do exército alemán, mentres que Guillerme leva o uniforme do rexemento de húsares ruso.

O 15 de xuñoxul./ 28 de xuño de 1914greg. o arquiduque Francisco Fernando de Austria, herdeiro ao trono austro-húngaro, foi asasinado por Gavrilo Princip en Saraxevo. Nicolao vacilou sobre o rumbo que debía seguir Rusia ante este suceso. O comezo da guerra non era inevitable, mais os líderes, diplomáticos e as alianzas do século XIX crearon un clima de tensión a grande escala. O concepto de paneslavismo e etnia unía a Rusia e Serbia baixo un tratado de protección, e Alemaña e Austria mantiñan outro tratado parecido entre eles. O conflito territorial creou rivalidades entre Alemaña e Francia, e entre Austria e Serbia, e como consecuencia as redes de alianzas se desenvolveron arredor de Europa. A Tripla Entente e a Tripla Alianza estableceranse antes do comezo da guerra. O asasinato do arquiduque arrastrou a cada un dos membros das alianzas a declarar a guerra entre eles. Nicolao non quería abandonar a Serbia á sorte do ultimato de Austria-Hungría, nin provocar a guerra xeral. Nunha serie de cartas que intercambiou co káiser Guillerme II de Alemaña ambos proclamaban os seus desexos de paz, e cada un intentou que o outro retrocedera. Nicolao desexaba a mobilización do exército ruso, mais só até a fronteira austríaca, coa esperanza de evitar a guerra contra o Imperio Alemán.

Porén, o seu exército non tiña plans de continxencia para a mobilización parcial, e o 18 de xulloxul./ 31 de xullo de 1914greg. Nicolao tomou a decisión de ordenar a mobilización xeral, aínda que fora aconsellado en contra diso. O 12 de xulloxul./ 25 de xullo de 1914greg. tivo lugar o Consello de Ministros reunido en Krasnoye Selo no que Nicolao decidiu intervir no conflito austro-serbio, un paso cara a guerra xeral. Puxo ao exército ruso en alerta.[15] A pesar de que non era unha mobilización, supuxo unha ameaza para as fronteiras alemás e austríacas e parecía unha declaración de guerra.[15]

 
O tsar Nicolao II na Stavka.

O 15 de xulloxul./ 28 de xullo de 1914greg., Austria declarou formalmente a guerra contra Serbia, provocando que Alemaña declarase a guerra contra Rusia e os seus aliados, Francia e o Reino Unido. O 16 de xulloxul./ 29 de xullo de 1914greg., Nicolao enviou un telegrama a Guillerme II de Alemaña, suxerindo que o problema de Austria e Serbia se resolvese na Conferencia da Haia. Guillerme non fixo mención a isto na súa respostade.[16][17][18][19][20][21][22][23][24][25] O conde Witte dixo ao embaixador francés, Maurice Paléologue que desde o punto de vista ruso a guerra era unha toleada, a solidariedade eslava non tiña sentido e Rusia non podía esperar nada da guerra.[26] O 18 de xulloxul./ 31 de xullo de 1914greg., Rusia completou a súa mobilización, pero aínda mantiña a postura de non atacar se comezaban as conversas de paz. Alemaña respondeu a isto exixindo a desmobilización rusa nas seguintes doce horas.[27] En San Petersburgo, ás 7 da tarde, ao expirar o ultimato a Rusia, o embaixador alemán reuniuse co Ministro de Asuntos Estranxeiros Sergei Sazonov, pediulle que Rusia reconsiderase a súa postura en tres ocasións e, ao non mudar os rusos a súa decisión, déronse a man e enviou a nota a Alemaña de que Rusia aceptara a declaración de guerra.

Revolución de Febreiro

editar
Artigo principal: Revolución de Febreiro.

Abdicación do trono

editar
 
Anuncio da abdicación de Nicolao II

As sucesivas derrotas fronte ao moito máis moderno exército alemán, sumado á influencia revolucionaria no interior, acabaron por desmoralizar ás tropas, provocando desercións masivas que alimentaron os mitins revolucionarios. Cando as revoltas desarticularon finalmente as estruturas burocráticas do Estado, a segunda Duma pediu a abdicación do Tsar. Estes feitos facilitaron a Revolución de Febreiro de 1917 (febreiro de acordo ao calendario empregado en Rusia nese momento; o 15 de marzo de acordo ao calendario gregoriano), que derrocou ao tsar e instaurou un goberno republicano provisionalmente presidido por Georgii Lvov e logo por Aleksandr Kerenskii.

 
Nicolao II prisioneiro

Nicolao II, incapaz de controlar a situación, abdicou os seus dereitos e os do seu fillo en favor do seu irmán Miguel; o gran duque Miguel rexeitaría o ofrecemento ata que non se convocase a Asemblea Constituínte Rusa, dando así comezo ao Goberno Provisional Ruso.

Pola Graza de Deus,
Nós, Nicolao Segundo
Emperador e Autócrata de Todas as Rusias,
Tsar de Polonia, Gran Duque de Finlandia, etc, etc...

Nos días da gran loita contra os inimigos estranxeiros, que durante case tres anos trataron de escravizar á nosa patria, o Señor Deus tivo a ben enviar a Rusia un novo xuízo pesado. Disturbios populares internos ameazan con ter un efecto desastroso sobre o comportamento futuro desta persistente guerra. O destino de Rusia, a honra do noso heroico exército, o benestar da xente e todo o futuro da nosa querida patria demanda que a guerra debe levarse a unha conclusión vitoriosa a calquera prezo. O cruel inimigo fai os seus últimos esforzos, e xa achégase a hora en que o nosos glorioso exército xunto aos nosos aliados galantes o esmague. Nestes días decisivos na vida de Rusia, pensamos que o noso deber de conciencia para facilitar ao noso pobo a unión máis estreita posible e unha consolidación de todas as forzas nacionais para a consecución rápida da vitoria. De acordo coa Duma Imperial pensamos ben renunciar ao trono do Imperio Ruso e ao poder supremo. Como non desexamos apartarnos do noso amado fillo, transmitimos a sucesión ao Noso irmán, o GRAN DUQUE MIGUEL ALEKSANDROVICH, e lle damos a nosa bendición para subir ao trono do Imperio Ruso. Diriximos ao noso irmán para levar a cabo os asuntos de Estado na unión plena e inviolable cos representantes das persoas nos corpos lexislativos neses principios que serán establecidos por eles, e no que vai un xuramento inviolable. En nome da nosa moi amada terra natal, chamamos aos nosos fieis fillos da patria a cumprir co seu deber sagrado, a obedecer ao Tsar no pesado momento de adversidade nacional, e para axudalo, xunto cos representantes da xente, para guiar ao Imperio Ruso no camiño da vitoria, o benestar, e a gloria. Que o Señor Deus axude a Rusia!
Nicolao [28]

Nicolao deixouse deter sen ofrecer resistencia ao seu regreso da desmoronada fronte. Foi confinado xunto coa súa esposa e fillos no palacio de Tsarskoe Selo, nos arredores de San Petersburgo, retendo algúns privilexios domésticos.

Aleksandr Kerenskii, non era inimigo do tsar, ata chegou a aprecialo nesta etapa, e intentou buscar a súa saída ao estranxeiro, pero o novo goberno dos soviets, prohibiron o seu exilio; ademais sumouse o feito que tanto Inglaterra, Alemaña e a súa aliada Francia ignoraron os requirimentos de exilio.

En agosto de 1917, temendo un intento de asasinato, Kerenskii exiliou aos Romanov a Tobolsk, en Siberia. Antes de partir Kerenskii preveu a Nicolao: " Os soviets desexan a miña cabeza, despois virán por Vde.,.... e a súa familia".

O primeiro ministro británico Lloyd George, a quen se solicitou asilo, declinou a proposta, así como os franceses, non desexando agravar a xa complexa situación política de Europa.

Morte e desaparición do Tsar e a súa familia

editar
Artigo principal: Execución da familia Romanov.
 
Representación do momento no que o tsar e a súa familia pasaron a estar baixo control do Soviet dos Urais

En outubro a Segunda Revolución Rusa, en que os bolxeviques liderados por Lenin derrocaron ao goberno de Kerenskii, ordenaron o traslado da familia imperial a Ekaterinburgo, que se achaba baixo control do Exército Vermello.

O 4 de xullo de 1918, ante o avance das lexións Checoslovacas chamadas Exército Branco, cara á cidade, temeuse que as tropas liberasen á familia e intentasen restaurar o réxime do tsar. Unha escuadra ao mando de Iakov Iurovski relevou á garda da casa, e o 13 de xullo recibiu a orde do Soviet dos Urais de executar a toda a familia.

Na media noite do 17 de xullo o Tsar xunto cos integrantes da familia foron levados ao baixo da casa Ipatiev onde estaban encarcerados, xunto a algúns serventes próximos, un médico leal e ata o can do neno. O pretexto era que se lles ía a tomar unha fotografía antes de partir. Nicolao II colocou ao herdeiro nos seus xeonllos mentres tomaba asento xunto á emperatriz, as fillas sentáronse atrás e os serventes e o médico aos costados, de pé. Pasaron uns instantes e repentinamente entrou Iakov Iurovski co revólver en man e 17 soldados armados con fusil á baioneta. O Tsar morreu con 50 anos recentemente cumpridos.

Iakov Iurovski levanta o revólver e declara ao tsar que o pobo ruso condenoulle a morte e dispara case a pelacorpo a Nicolao II, quen cae instantaneamente morto. Seguidamente os fusileiros realizan unha descarga ao resto da familia, as nenas que levaban corsés apertados e ademais no seu interior estaban cargados con xoias non morren inmediatamente e son rematadas á baioneta. Unha das servas que non recibiu a primeira descarga é perseguida dentro da habitación e rematada a baionetazos, ata a mascota é morta dun disparo. Os camións que estaban fóra cos seus motores en funcionamento ocultaron co seu ruído o ruído da matanza. Posteriormente os corpos son levados nos mesmos camións e depositados nunha mina abandonada.

Ao día seguinte, Iurovski, temendo que o rumor sobre o fusilamento inducise a recuperar os corpos, ordenou o seu traslado e destrución dos cadáveres por lume e ácido.

O achado dos corpos

editar

En 1979, os historiadores afeccionados Alexander Avdonin e Geli Riabov acharon a posible tumba da familia imperial no bosque de Koptiaki. Temendo informar do descubrimento, non o fixeron público ata anos despois. O 12 de abril de 1989 os xornais informaban do achado. A tumba non foi aberta ata 1991 polas autoridades soviéticas, achando no seu interior nove corpos. Mediante o exame dos esqueletos, os científicos soviéticos concluíron que faltaban os corpos de Aleksei e a Gran Duquesa María.

Tras solicitaren a axuda de científicos independentes, en 1992 o equipo do antropólogo norteamericano William R. Maples chegou a conclusións similares ás dos seus colegas, aínda que creron que os corpos que faltaban correspondían a Aleksei e a Anastasia.[29]

As identificacións dos esqueletos foron confirmadas posteriormente mediante análises de ADN.

Canonización

editar

En 1981, a familia foi canonizada pola Igrexa Ortodoxa Rusa fóra de Rusia como mártires. No ano 2000, a Igrexa Ortodoxa Rusa dentro de Rusia, canonizou a familia como Portadores da Paixón. De acordo coa declaración do sínodo de Moscova, foron elevados aos altares polos seguintes motivos:

No último monarca Ortodoxo e membros de súa familia, vemos persoas que sinceramente aspiraran a encarnar nas súas vidas, os comandos do Evanxeo. No sufrimento soportado pola Familia Real na prisión, con humildade, paciencia e submisión, e nas súas mortes martirizadas en Ekaterimburgo na noite do 17 de xullo de 1918, foi revelada a luz da Fe de Cristo, que vence ao mal.

Así mesmo, a canonización do Tsar foi obxecto de controversia. A Igrexa Ortodoxa Rusa fóra de Rusia quedou dividida sobre a cuestión en 1981, e algúns membros suxeriron que foi un mal gobernante que non logrou evitar o ascenso dos bolxeviques. Un pai salientou que o seu martirio non ten nada que ver coas súas accións persoais, senón pola causa da súa morte.[30]

A Igrexa dentro de Rusia rexeitou a clasificación da familia como mártires por non morrer a causa da súa fe. Os líderes relixiosos das dúas igrexas tamén tiñan obxeccións en cuanto á canonización do resto da familia, pola incompetencia demostrada por este durante a revolución e o sufrimento do seu pobo, ademais de ter sido en parte o motivo do seu asasinato, o da súa familia e servos. Para os seus opoñentes, o feito de que Nicolao fora un home xentil, bo marido ou un líder que mostraba xenuína preocupación polo seu pobo, non o redimía das súas accións na época na que estivo á fronte do Imperio ruso.[30]

Rehabilitación

editar

O 1 de outubro de 2008 o Tribunal Supremo de Xustiza da Federación de Rusia rehabilitou a Nicolao II e a súa familia, tendo en conta ás vítimas da represión política bolxevique, unha decisión moi esperada polos descendentes da familia imperial e a Igrexa Ortodoxa Rusa.

De acordo ao veredicto pronunciado polo xuíz, o Tribunal Supremo cualificou de infundada a represión e estableceu a rehabilitación de Nicolao Romanov (Nicolao II), Alexandra Romanova (a súa esposa), Aleksei, o príncipe herdeiro (tsarévich) e as súas fillas Olga, Tatiana, María e Anastasia.[31]

Esta decisión responde favorablemente a unha denuncia presentada en 2005 polo avogado da Gran Duquesa María Vladimirovna, que afirma ser a herdeira de Nicolao II. A familia expresou « alegría e satisfacción », dixo o seu portavoz, Ivan Artsichevski, representante doutra rama de descendentes dos Romanov. Tamén acolleu con beneplácito a decisión de reducir ao mínimo o seu ámbito de aplicación: « O feito de que o Estado recoñeceu a súa responsabilidade neste asasinato é un paso cara a un arrepentimento xeral e a de rehabilitación de todas as vítimas inocentes dos bolxeviques ».[32]

Descendentes

editar

O tsar Nicolao II tivo cinco fillos coa súa muller a tsarina Alexandra:

Imaxe Nome Nacemento Morte
  Gran Duquesa Olga Nikolaevna 3 de novembroxul./ 15 de novembro de 1895greg. 17 de xullo de 1918
  Gran Duquesa Tatiana Nikolaevna 29 de maioxul./ 10 de xuño de 1897greg.
  Gran Duquesa María Nikolaevna 14 de xuñoxul./ 26 de xuño de 1899greg.
  Gran Duquesa Anastasia Nikolaevna 5 de xuñoxul./ 18 de xuño de 1901greg.
  Tsarévich Aleksei Nikolaevich 30 de xulloxul./ 12 de agosto de 1904greg.

Títulos, estilos e honras

editar
 
Escudo de Armas do Imperio Ruso.

Títulos e estilos

editar
  • 18 de maio de 1868 - 13 de marzo de 1881 : Súa Alteza Imperial o Gran Duque Nicolao Alexandrovich de Rusia
  • 13 de marzo de 1881 - 1 de novembro de 1894 :Súa Alteza Imperial O Tsesarevich de Rusia
  • 1 de novembro de 1894 - 15 de marzo de 1917 : Súa Maxestade Imperial O Emperador e Autócrata de Todas as Rusias
  • 15 de marzo de 1917 - 17 de xullo de 1918 : Señor Nicolao Alexandroviсh Romanov

Segundo o artigo 59 da Constitución rusa de 1906[33] o título completo do tsar era o seguinte:

"Nós, Nicolao II pola graza de Deus, Emperador e Autócrata de todas as Rusias, de Moscova, Kíiv, Vladímir, Nóvgorod, tsar de Kazán, tsar de Astrakán, tsar de Polonia, tsar de Siberia, tsar do Quersoneso táurico, tsar de Xeorxia, Señor de Pskov, e Gran Duque de Smolensk, Lituania, Volinia, Podolia, e Finlandia, Príncipe de Estonia, Livonia, Curlandia e Semigalia, Samogitia, Białystok, Carelia, Tver, Yugra, Perm, Vyatka, Bulgaria, e outros territorios; Señor e Gran Duque de Nizhnii Novgorod, Chernigov; Rexente de Riazán, Polotsk, Rostov, Yaroslavl, Belozero, Udoria, Obdoria, Kondia, Vitebsk, Mstislav, e outros territorios do norte; Rexente de Iveria, Kartalinia, e as terras de Kabardina e Armenia - Rexente e Señor hereditario dos Circasianos e outros; Señor de Turquestán, Herdeiro de Noruega, Duque de Schleswig-Holstein, Stormarn, Dithmarschen, Oldemburgo, e así sucesivamente e así sucesivamente e así sucesivamente."

Honras

editar

Estranxeiro

editar

Devanceiros

editar
  1. Massie 2000, p. 412-413
  2. Massie 2000, p. 522
  3. Massie 1967, p. 38
  4. Vorres 1985, pp. 23-24
  5. Massie 1967, pp. 37-38
  6. Nicolson 1952, pp. 15-16
  7. Massie 1967, p. 39
  8. Nicolau 1925, p. 32
  9. Massie 2000, p. 22
  10. Massie 1967, p. 40
  11. Massie 2000, p. 27
  12. "La sangrienta coronación de Nicolás II en Jodynka". es.rbth.com (en castelán). ago. 23, 2013. Consultado o 2020-04-06. 
  13. Warth 1997, p. 20
  14. Radziwill & Vassili 1931, p. 100
  15. 15,0 15,1 Merriman, John (2009) A History of Modern Europe Volume Two, W. W. Norton & Company, ISBN 0-393-93385-7, p. 967
  16. The Evidence in the Case. A Discussion of the Moral Responsibility for the War of 1914, as Disclosed by the Diplomatic Records of England, Germany, Russia, France, Austria, Italy and Belgium. By James M. Beck (James M. Beck – LL.D. Late Assistant Attorney-General of the U. S. Author of "The War and Humanity."), (p.81, p. 106)
  17. Palaeologus, M. G. (1991) Tsarist Russia during World War, Moscow: International Relations, pp. 155, 156 (in Russian); 1st Edition: Paléologue M.G. La Russie des Tsars pendant la grande guerre.— París: Plon, 1922. (Chapter XII); Maurice Paléologue. An ambassador's memoirs (Volume 1, Chapter VIII, see Sunday, 31 de xaneiro de 1915)
  18. Buchanan, G. (1923) My Mission to Russia and other diplomatic memories. Londres: Cassell. p. 200. Archive.org. Consultado o 1 de maio de 2014.
  19. Churchill, Winston (1931) The unknown war. Londres: C. Scribner's Sons, p. 170.
  20. Massie (1967) pp. 84, 320 in Russian edition
  21. Martin Gilbert. The First World War: A Complete History, 1994, p. 27
  22. John Keegan. The First World War, 1998, p. 63
  23. Hew Strachan, The First World War, Vol I: To Arms (2001), p. 85
  24. Hamilton, Richard F. and Herwig, Holger H. (2003) Origins of World War One, Cambridge University Press, ISBN 0-521-81735-8, p. 514
  25. Zubov, Andrei (ed.) (2010) History of Russia XX Century Volume I, 1894–1939, AST Publishers, p. 291
  26. Tames, p. 43
  27. Josef und Ulli. "Germany during World War One". Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2009. Consultado o 7 de setembro 2009. 
  28. "Abdication quote" (en inglés). Consultado o 5 de maio de 2016. 
  29. Historia Universal-Univision[Ligazón morta]
  30. 30,0 30,1 Massie 1995, pp. 134-135
  31. "El Supremo ruso rehabilita al zar Nicolás II como víctima de la represión bolchevique". www.elmundo.es. Consultado o 2020-04-06. 
  32. "Rusia rehabilita al zar Nicolás II". El País (en castelán). 2008-10-01. ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-04-06. 
  33. "RUSSIAN FUNDAMENTAL LAWS ~ 1906 ~". Consultado o 2 de febreiro de 2016. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
Predecesor:
Alexandre III
Tsar de Rusia
1894 - 1917
 
Sucesor:
Gran Duque Miguel
Predecesor:
Alexandre III
Gran Ducado de Finlandia
1894 - 1917
Sucesor:
Independencia de Finlandia.

Rei Frederico Carlos de Hesse-Kassel