San Petersburgo
Coordenadas: 59°57′N 30°18′L / 59.950, -30.300
San Petersburgo[1] (en ruso: Санкт-Петербург, tr. "Sankt-Peterburg"[2], [sankt pʲɪtʲɪrˈburk] (AFI)), coñecida noutras épocas como Leningrado e Petrogrado, é unha cidade rusa fundada o 27 de maio de 1703 por Pedro I o Grande na desembocadura do río Nevá no golfo de Finlandia.
San Petersburgo | |||
---|---|---|---|
Санкт-Петербург | |||
De esquerda a dereita e de arriba a abaixo: A fortaleza de San Pedro e San Pablo na illa de Záyachi, catedral da Resurrección de Cristo, edificio do Estado Maior, a catedral da Santa Trindade, o Cabaleiro de Bronce, e o Palacio de Inverno. | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Distrito Federal: | Noroeste | ||
Xeografía | |||
Altitude | 3 a 175m msnm | ||
Superficie | 1.439 km² km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 5,351,935 (2018) | ||
Densidade | 3,566.33 hab/km² | ||
Outros datos | |||
Código postal | 190000-199406 | ||
Alcalde | Alexander Beglov | ||
gov.spb.ru |
HistoriaEditar
- Artigo principal: Historia de San Petersburgo.
Foi o tsar Pedro I en persoa quen, nun xesto simbólico, colocou a primeira pedra da fortaleza sobre o Neva. A súa intención era a de "europeizar" Rusia, e crear unha corte digna de tan grande imperio, emulando os pazos imperiais de Viena. Os cortesáns foron obrigados a trasladarse á nova cidade. Durante a súa construción morreron miles de servos, incluso os visitantes eran obrigados a colaborar dalgún xeito na construción.
Trala Revolución Bolxevique de 1917, a cidade pasou a denominarse Petrogrado. E trala morte de Lenin, adxudicaríaselle o nome de Leningrado. Tralo colapso da Unión Soviética, volvería ó seu nome orixinal.
A cidade acolleu os xogos do Mundial de Fútbol de 2018, e en 2020 a Eurocopa.
DemografíaEditar
San Petersburgo é a segunda cidade máis grande de Rusia por detrás da capital, Moscova. Segundo o censo ruso de 2010, a poboación do suxeito federal era de 4.879.566 de habitantes, o que supón o 3.4% da poboación total de Rusia;[Cómpre referencia] por riba dos 4.661.219 (3.2% sobre o total) rexistrados no censo de 2002,[Cómpre referencia] e por debaixo dos 5.023.506 rexistrados no censo soviético de 1989.[Cómpre referencia]
- Estatísticas vitais de 2012
- Nacementos: 62 343 (12,6 por 1000)
- Mortes: 61 910 (12,5 por 1000) [3]
- Taxa de fecundidade:
2009 - 1.34 | 2010 - 1.38 | 2011 - 1.38 |[4] 2012 - 1.52(e)
O censo de 2010 rexistrou a seguinte composición étnica na cidade:[Cómpre referencia] rusos 80,1%, ucraínos 1,3%, belarusos 0,8%, tártaros 0,6%, armenios 0,6%, xudeus 0,5%, uzbekos 0,4%, taxicos 0,3%, azarís 0,3%, xeorxianos 0,2%, moldavos 0,2%, ingrios 0,1%, outros – 1,3%. Non se especificou a orixe étnica do 13,4% restante dos habitantes.
O século XX viu fortes subidas e baixadas de poboación. Dos 2,4 millóns de 1916 pasouse a menos de 740.000 en 1920 durante a Revolución Rusa e a guerra civil rusa. As minorías de alemáns, polacos, finlandeses, estonianos e letóns foron completamente transferidos de Leningrado durante os anos 1930.[5] Dende 1941 a finais de 1943, a poboación caeu dos 3 millóns a menos de 600.000, xa que moita xente morreu nas batallas, de fame durante o sitio de Leningrado, ou foron evacuadas. Logo do sitio, algúns evacuados regresaron, mais a meirande parte do influxo debeuse á migración dende outras partes da Unión Soviética. A cidade absorbeu en torno a 3 millóns de habitantes nos anos 1950 e medrou ata máis de 5 millóns nos anos 1980. Entre 1991 e 2006 a poboación da cidade diminuíu ata os 4,6 millóns, mentres que a poboación suburbana aumentou a causa da privatización do solo e ao movemento masivo aos suburbios. Segundo o censo de 2010, a poboación actual da cidade é de máis de 4,8 millóns de habitantes.[6][7] A taxa de natalidade continúa a ser menor que a de mortalidade; a xente por riba dos 65 anos constitúe máis do 20 % da poboación e a idade media é duns 40 anos.[8]
A meirande parte da poboación do San Petersburgo urbano vive en apartamentos. Entre 1918 e os anos 1990, o réxime soviético nacionalizou a vivenda e obrigou aos residentes a compartir apartamentos comunitarios (kommunalkas). Co 68% da poboación vivindo en pisos compartidos na década de 1930, Leningrado foi a cidade da URSS co maior número de kommunalkas. O realoxamento dos residentes das kommunalkas estase a levar a cabo, aínda que os apartamentos compartidos aínda son frecuentes. A medida que os novos barrios foron construíndose ás aforas da cidade nas décadas de 1950 e 1980, en torno a medio millón de familias de baixos ingresos recibiron apartamentos libres, e en torno a 100.000 apartamentos máis foron comprados. Mentres que a actividade económica e social concéntrase no centro histórico da cidade, a parta máis rica de San Petersburgo, a meirande parte das persoas viven na área metropolitana. No primeiro semestre de 2007, a taxa de natalidade foi de 9,1 por 1000.[9]
XeografíaEditar
ClimaEditar
Segundo a clasificación climática de Köppen, San Petersburgo está clasificada como Dfb, a clima continental húmido. Recibe a influencia moderadora do mar Báltico con veráns húmidos e temperáns, e invernos longos, secos e fríos.
A temperatura media diaria en xullo é de 23 °C; a temperatura máxima rexistrada foi de 37,1 °C durante a onda de calor no hemisferio norte en 2010. A temperatura mínima rexistrada en inverno foi de -35.9 °C e foi rexistrada en 1883. A temperatura media anual é de 5,8 °C. O río Neva dentro dos límites da cidade conxéase frecuentemente entre novembro ou decembro e desconxéase en abril. De decembro a marzo hai unha media de 118 días nos que a cidade está cuberta de neve, que alcanza un espesor medio de 19 cm en febreiro.[10] O período libre de xeadas na cidade ten unha duración media de 135 días. A cidade ten un clima lixeiramente máis cálido que os seus arredores. As condicións climáticas son moi variables durante todo o ano.[11][12]
A precipitación media anual varía en toda a cidade, promediando os 600 mm ao ano e alcanzando o seu máximo a finais do verán. A humidade do chan é sempre alta debido á baixa evaporación causado polo clima frío. A humidade relativa media é do 78%, e hai de media 165 días nublados ao ano.
Rexistros de San Petersburgo (1961-1990, récords dende 1775) | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Ano |
Temperatura máxima récord (°C) | 8,7 | 10,2 | 14,9 | 25,3 | 30,9 | 34,6 | 35,3 | 37,1 | 30,4 | 21,0 | 12,3 | 10,9 | |
Temperatura media máxima (°C) | -3,0 | -3,0 | 2,0 | 9,3 | 16,0 | 20,0 | 23,0 | 20,8 | 15,0 | 8,6 | 2,0 | -1,5 | |
Temperatura media diaria (°C) | -5,5 | -5,8 | -1,3 | 5,1 | 11,3 | 15,6 | 18,8 | 16,9 | 11,6 | 6,2 | 0,1 | -3,7 | |
Temperatura mínima diaria (°C) | -8,0 | -8,5 | -4,2 | 1,5 | 7,0 | 11,7 | 15,0 | 13,4 | 8,8 | 4,0 | -1,8 | -6,1 | |
Temperatura mínima récord (°C) | -35,9 | -35,2 | -29,9 | -21,8 | -6,6 | 0,1 | 4,9 | 1,3 | -3,1 | -12,9 | -22,2 | -34,4 | |
Precipitacións (mm) | 44 | 33 | 37 | 31 | 46 | 71 | 79 | 83 | 64 | 68 | 55 | 51 | |
Horas de sol | 21,7 | 53,7 | 124,0 | 180,0 | 260,4 | 276,0 | 266,6 | 213,9 | 129,0 | 71,3 | 24,0 | 12,4 | |
Humidade relativa media (%) | 86 | 84 | 79 | 69 | 65 | 69 | 71 | 76 | 80 | 83 | 86 | 87 | |
Fonte:[10] Hong Kong Observatory |
Lugares salientablesEditar
- O Ermitage, unha das mellores pinacotecas do mundo.
- O Palacio de Inverno e a praza. Sede do goberno e lugar dos acontecementos da Revolución Bolxevique.
- Fortaleza de San Pedro e San Paulo (alberga a Casa da Moeda de San Petersburgo).
- Catedral de Santo Isaac.
- Teatro Mariinski.
- Teatro Mussorgski.
- Liceo Pushkin.
- Palacio de Catarina.
- Palacio de Peterhof.
- Mesquita de San Petersburgo.
NotasEditar
- ↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 111. ISBN 84-8158-266-2.
- ↑ Segundo todos os sistemas de transliteración existentes (vexa o artigo romanización do ruso).
- ↑ Естественное движение населения в разрезе субъектов Российской Федерации
- ↑ Каталог публикаций::Федеральная служба государственной статистики
- ↑ Martin, Terry (1998). The Origins of Soviet Ethnic Cleansing. The Journal of Modern History 70.4, 813–861.
- ↑ Чистякова Н. Третье сокращение численности населения... и последнее? Демоскоп Weekly 163 – 164, August 1–15, 2004.
- ↑ Russian source: "Encyclopedia of Saint Petersburg" Чистяков А. Ю. Население (обзорная статья). Энциклопедия Санкт-Петербурга
- ↑ ST. PETERSBURG Reference Information
- ↑ "В первом полугодии продолжалось умеренное повышение числа рождений". Demoscope.ru. Consultado o January 6, 2009.
- ↑ 10,0 10,1 "Pogoda.ru.net" (en Russian). Weather and Climate (Погода и климат). Consultado o March 29, 2013.
- ↑ "Climate St. Peterburg - Historical weather records". Tutiempo.net. Consultado o 2012-11-16.
- ↑ "Архив погоды в Санкт-Петербурге, Санкт-Петербург". Rp5.ru. Consultado o 2012-11-16.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: San Petersburgo |
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Ligazóns externasEditar
- Sitio web oficial da cidade (en ruso)
- Sitio web turístico da cidade (en inglés) (en ruso)
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |