Ana I de Rusia
Ana Ivanovna, tamén coñecida como Ana I de Rusia (en ruso: А́нна Иоа́нновна), nada o 28 de xaneiroxul./ 7 de febreiro de 1693greg. e finada o 7 de outubroxul./ 18 de outubro de 1740greg., foi Tsarina do Imperio Ruso de 1730 a 1740.
Ana I de Rusia | |
---|---|
Emperatriz e autócrata de todas as Rusias Duquesa de Curlandia | |
![]() | |
![]() Emperatriz e Autócrata de Todas as Rusias | |
29 de xaneiro de 1730 - 28 de outubro de 1740 | |
Predecesor | Pedro II de Rusia |
Sucesor | Iván VI de Rusia |
Nacemento | 28 de xaneiroxul./ 7 de febreiro de 1693greg. Moscova, Tsarato ruso |
Falecemento | 7 de outubroxul./ 18 de outubro de 1740greg. (47 anos) San Petersburgo, Imperio ruso |
Sepultura | Catedral de san Pedro e san Paulo ![]() |
Consorte | Federico Guillerme, Duque de Curlandia |
Casa real | Románov |
Proxenitores | Iván V de Rusia Praskovia Saltykova |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
Ascenso ó tronoEditar
Ana era filla de Iván V, e pólo tanto sobriña de Pedro o Grande. Ana casou con Federico Guillerme, Duque de Curlandia en novembro de 1710, pero na viaxe de regreso a San Petersburgo, en xaneiro de 1711, o seu marido morreu. Ana continuou como Duquesa de Curlandia (agora occidental) de 1711 ata 1730, co residente ruso, Peter Bestuzhev, como conselleiro. Non volveu a casar tras a morte do seu marido.
Coa morte de Pedro II, Supremo Consello Privado ó cargo do príncipe Dmitri Galitzine consagrou a Ana emperatriz en 1730. O Consello tiña a esperanza de que ela sería grata aos nobres pola súa fortuna inesperada e continuaría sendo unha figura de proa no mellor dos casos, e maleable no peor dos casos. Coa esperanza de establecer unha monarquía constitucional en Rusia, Ana foi convencida para asinar os artigos que limitaban o seu poder. Porén, estes non resultaron un gran problema para acabar establecendo un réxime autocrático.
GobernoEditar
Ana estableceu unha alianza con Carlos VI do Sacro Imperio Romano Xermánico e leva a Rusia a participar na Guerra de Sucesión Polaca, colocando no trono de Polonia ó seu candidato Augusto III.
No 1735 ataca ó Imperio Otomán. pero Carlos VI firma unha paz a parte que obriga a Rusia a suspender as hostilidades e a devolver todas as súas conquistas, coa excepción de Azov, durante o seu goberno, iniciouse a expansión de Rusia cara Asia Central.
Ana finou o 28 de outubro de 1740, e, ó igual que o seu antecesor, sen herdeiros directos, e nomeou ó seu sobriño Iván, que só tiña uns meses de vida, como sucesor.