Lago Ladoga
O lago Ladoga ou lago Ládoga, en ruso, Ладожское озеро (Ládozhskoie ózero), en finés, Laatokka, é un lago de auga doce situado en Carelia e o óblast de San Petersburgo, pretiño da fronteira con Finlandia. Cunha superficie de 17.700 km², é o maior lago de Europa e o décimo quinto do mundo. No seu interior áchanse 660 illas cunha superficie de 435 km². A maioría destas illas están próximas da costa noroeste, incluíndo as coñecidas illas Valaam. O lago desemboca no Golfo de Finlandia (Mar Báltico) a través do río Nevá.
(krl) Luadogu (fi) Laatokka | |||||
Tipo | lago | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Unified Deep Water System of European Russia (en) | ||||
Localización | |||||
País da cunca | Rusia e Finlandia | ||||
División administrativa | Óblast de Leningrado, Rusia e República de Carelia, Rusia | ||||
| |||||
Efluente do lago | Río Neva | ||||
Conca hidrográfica | Neva basin (en) | ||||
Características | |||||
Altitude | 4,84 m | ||||
Profundidade | 230 m | ||||
Dimensións | 138 () × 219 () km | ||||
Perímetro | 1.570 km | ||||
Superficie | 17.700 km² | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 276.500 km² | ||||
Medicións | |||||
Volume físico | 838 km³ | ||||
A área da súa cunca é de 276.000 km². Esta conca inclúe uns 50.000 lagos e 3.500 ríos cunha lonxitude superior aos 10 km. O 85% da auga do lago provén dos seus tres principais afluentes:
- Río Svir, proveniente do sueste do lago Onega, cunha lonxitude de 224 km e unha conca de 83.200 km²;
- Río Vuoksi, proveniente do oeste desde o lago Saimaa, en Finlandia, cunha lonxitude de 162 km e unha conca de 52.400 km²;
- Río Vóljov, proveniente do sur, do lago Ilmen, cunha lonxitude de 224 km e unha conca de 80.200 km²;
Outros afluentes de importancia son os ríos Olonka e Syas.
O lago Ladoga ten a súa propia especie endémica de foca anelada, chamada foca do Ladoga.
Historia
editarO lago era parte importante da ruta comercial que unía aos varegos co Imperio bizantino. A capital rusa máis antiga, Stáraya Ládoga, toma o seu nome do lago.
O antigo mosteiro de Valaam fundouse na illa de mesmo nome (en finés: Valamo), a máis grande do lago, abandonado entre 1611 e 1715, restaurado no século XVIII e evacuado a Finlandia durante a Guerra de Inverno en 1940. A actividade monástica foi reanudada en 1989. Outros claustros próximos son os mosteiros de Konevets e de Alexandr-Svirsky.
Entre 1617 e 1721, o lago formaba a fronteira entre Rusia e Suecia, e posteriormente, entre 1812 e 1940, a fronteira entre Finlandia e Rusia.
Durante o sitio de Leningrado (1941-1944), o lago de Ladoga supoñía o único acceso á cidade. Grazas a isto, toneladas de alimentos chegaron a Leningrado, con camións durante o inverno (polo coñecido como "Camiño da Vida"), e durante o verán mediante barcos.
Despois da guerra, Finlandia perdeu a rexión da República de Carelia a favor da URSS. A maioría dos finlandeses foron obrigados ao exilio, aínda que algúns nativos puideron ficar alí.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Lago Ladoga |