Conca fluvial
Unha conca fluvial, cunca fluvial ou bacía fluvial (ou hidrográficas)[1] é unha porción de territorio drenada por un único sistema de carácter natural.
Formación e característicasEditar
Unha conca hidrográfica defínese polo río que fai e vén delimitada pola liña dos cumes que arrodean o espazo. Conforme se avanza polo curso do río cara abaixo, a superficie da conca vai aumentando. En xeral acéptase que o divisor das augas subterráneas coincida co divisor das augas superficiais, se ben este feito non se verifica en todos os casos. A conca hidrográfica é a unidade xeralmente adoptada para estudos hidrolóxicos e, máis recentemente, a partir dos anos 70, para a planificación racional do uso dos recursos naturais.
As principais características dunha conca hidrográfica son:
- A curva cota (superficie): esta característica dá unha indicación do potencial hidroeléctrico da conca.
- O coeficiente de forma: dá indicacións preliminares da onda de avenida que é capaz de xerar.
- O coeficiente de ramificación: tamén da indicacións preliminares respecto o tipo de onda de avenida.
Tipos de concasEditar
Existen tres tipos de concas:
- Exorreicas: drenan as súas augas ao mar ou ao océano. Un exemplo é a conca do Amazonas, en Suramérica.
- Endorreicas: desembocan en lagos, lagoas ou salares que non teñen comunicación ao mar. Por exemplo, a conca do río Desaguadero, en Bolivia.
- Arreicas: as augas evapóranse ou fíltranse no terreo antes de encamiñarse nunha rede de drenaxe. Os arroios, regos e cañadóns da meseta central patagónica pertecen a este tipo, xa que non desaugan en ningún río ou outro corpo hidrográfico de importancia.
Partes dunha concaEditar
- Conca alta
Corresponde á zona onde nace o río, o cal se despraza por unha gran pendente.
Ver Conca de recepción.
- Conca media
É a parte da conca na cal hai un equilibrio entre o material sólido que chega traído pola corrente e o material que sae. Visibelmente non hai erosión.
- Conca baixa
É a parte da conca na cal o material extraído da parte alta se deposita no que se chama cono de dexección.