Abrir o menú principal

Conca de recepción

A conca de recepción é o espazo delimitado pola parte inicial dun regato ou río, de forma cónica, similar á que tería un embude cortado pola metade. Na conca de recepción o regato apaña as súas augas durante as choivas. Ten fortes costas e pendentes, polo que poden producirse nela grandes esboroamentos de terra, avalanchas e aludes.