Funcionalismo (arquitectura)
Funcionalismo, en arquitectura, é un estilo arquitectónico do século XX baseado no principio polo cal os arquitectos deben deseñar o edificio baseado no propósito ou "función" do edificio mesmo. Representa unha volta aos principios mesmos da arquitectura, formulada como necesidade e que ten en conta os valores sociolóxicos derivados da civilización industrial.
Funcionalismo (arquitectura) | |
---|---|
![]() | |
Instancia de | estilo arquitectónico ![]() |
Subclase de | arquitectura do século 20 ![]() |
Non confundir con | |
Non confundir con
| |
[ Wikidata ] |

Historia e características
editarFoi un estilo de ámbito internacional propio do período de entreguerras que cifra os seus principios arquitectónicos en termos volumétricos, e non de masas, o que provoca o abandono da simetría axial en favor dunha diferenciación e organización dos elementos do edificio en razón da súa función sen calquera ornamentación superflua que poida ocultar o seu artellamento.
É a época dos grandes rañaceos pero tamén doutra arquitectura na cal a forma e os material estaban en relación harmónica coa paisaxe como o caso das luxosas residencias rurais norteamericanas, ou da Bauhaus que puña en práctica a fusión de tódalas artes ou de Le Corbusier en Francia.
Véxase tamén
editar----
Este artigo sobre arquitectura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |