Edificio
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2020.) |
Un edificio ou edificación é unha estrutura pechada cun tellado e paredes como, por exemplo, unha casa. A palabra edificio quere dicir "facer fogo" (do indoeuropeo æde, fogo e do latín facere, facer), o que non debe estrañar cando un dos termos que se utiliza para a vivenda é fogar. Un edificio é normalmente unha construción realizada con materiais resistentes (madeira, pedra, metal, formigón etc.) para poder protexerse das inclemencias meteorolóxicas cando se realizan tarefas que precisan de certa privacidade.
Edificio | |
---|---|
![]() | |
Subclase de | estrutura arquitectónica ![]() |
Non confundir con | |
Non confundir con
| |
Caracterizado por | |
Caracterizado por
| |
Descrito pola fonte | |
Composto por | |
[ Wikidata ] |
Da orixe do nome explícase as finalidades dos edificios primitivos, que se crearon para albergar o fogo, evitando que se apagase por mor da choiva, o vento e demais inclemencias do tempo, debido a que acendelo non era doado.
A inventiva humana foi mellorando as técnicas de construción e elaborando as diversas partes do edificio, ata facer da actividade de edificar unha das Belas Artes: a Arquitectura.
Arquitectura clásica
editarNa arquitectura clásica distínguense os seguintes conceptos, referidos aos seus corpos e formas:
Corpos do edificio
editarPódense describir os corpos dun edificio como as partes físicas que o compoñen. Distínguense da seguinte maneira:
- Á é o corpo que se estende por un lateral relacionándose con outro.
- Pórtico é o corpo formado por unha galería de columnas ou por arcadas ante a portada do edificio e tamén toda galería de columnas ou pilastras, cuberta e apoiada no chan pero aberta ao ar libre.
- Perístilo é o pórtico que se estende ao redor do edificio tanto na súa parte interior como na exterior.
- Atrio, patio situado no interior do edificio.
- Adro, praza que se atopa no exterior dalgunhas igrexas e que tamén se pode chamar atrio ou adral.
- Vestíbulo, o mesmo atrio interior e, en xeral, a primeira estancia despois da porta, que dá paso ás demais.
- Nave, todo ámbito interior que se estende ao longo nas igrexas, que se chama así por tomar a forma xunto coa súa bóveda dun barco invertido.
- Transepto, nave menor que corta as outras.
- Cruceiro, o mesmo que o transepto e tamén a intersección deste coa nave principal.
- Deambulatorio, nave circular detrás da capela maior configurada como unha prolongación das naves laterais.
- Tramo, cada unha das porcións transversais (de columna a columna ou de pilastra a pilastra) en que se divide unha nave.
- Ábsida, corpo de planta semicircular ou poligonal situado no extremo oposto á entrada principal, que se denomina menor ou secundario. Chámanse absidiolas as subdivisións da parte absidal.
- Cripta é a capela ou igrexa subterránea situada polo xeral debaixo doutra.
- Cruxía é o ámbito que se atopa entre dous muros de carga.
- Claustro é o conxunto de pórticos interiores que rodean un patio nos mosteiros e catedrais.
- Galería, todo ámbito con arcadas abertas ao ar libre a calquera altura do chan e tamén toda obra saínte en forma de balcón prolongado ou unha estancia moi longa.
- Triforio é a galería que se sitúa no piso superior das naves laterais.
- Coroamento é o conxunto de remates do edificio como termo ou coroa do mesmo.
Os corpos do edificio constan de membros principais e secundarios. Os membros principais pódense clasificar en dous tipos:
- Os soportes. A este grupo corresponden os muros e as columnas. Estes elementos denomínanse de modo xeral macizos para distinguilos dos vans (espazos de luz entre os anteriores). Entre os macizos, merece especial consideración o aparello que é a disposición e trabazón que se lle dá aos materiais empregados na obra.
- O soportado ou sostido. Aquí englobaríanse o entaboamento, os arcos, bóvedas e teitumes.
Formas dos edificios
editarConsiderando a planta e os pórticos, os edificios poden denominarse:
- Cella, se a planta é rectangular e sinxela.
- Rotonda, se é circular.
- Polígono, se a planta é poligonal.
- Próstilo é o edificio que ten un pórtico de columnas na súa parte dianteira.
- Anfipróstilo, tamén o ten na súa parte traseira.
- Períptero, cando leva galería de columnas ao redor, separadas do muro.
- Pseudo-períptero se as columnas están contiguas por fóra.
- Áptero, se non as ten.
- Díptero se leva dúas series de columnas, tamén ao redor da cela.
- Pseudodíptero, se unha serie está contigua e a outra separada.
- Diástilo, tetrástilo, exástilo, octóstilo etc. son edificios que presentan na súa parte frontal dúas, catro, seis ou oito columnas.
- Monópilo é o edificio que só ten unha porta.
- Monóstilo denomínase á composición que consiste nunha columna central ao redor da que se dispón o edificio.
- Antas ou in antis cando o pórtico ten dúas únicas columnas e dúas pilastras ou antas nos extremos ou esquinas.
- Pavillón é o edificio menor e accesorio, illado do principal ou adherido ao mesmo.
Distintas clasificacións
editarSegundo o seu uso
editar- Edificio militar: destinado a usos militares.
- Edificio gobernamental: para uso de persoal gobernamental ou oficial.
- Edificio residencial: o destinado a ser usado como vivenda.
- Edificio industrial: o destinado a actividades produtivas.
- Edificio comercial: o destinado ao comercio.
- Edificio deportivo.
- Edificio educativo e cultural.
Segundo a propiedade
editar- Edificio público: o pertencente a unha propiedade pública, local, estatal etc.
- Edificio privado: no caso de que o propietario sexa unha persoa física ou xurídica.
Segundo o seu sistema estrutural
editar- Estrutura pretensada
- Estrutura de formigón
- Estrutura de madeira
- Estrutura de aceiro
- Estrutura de fábrica
- Isolement bas
Segundo a súa disposición
editar- Entre medianeiras
- Exento ou illado
- Contiguo
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Edificio |