Balcón
Un balcón (do italiano: balcone, estada, estadal; este do xermánico: balcho, trabe; probabelmente cognato da verba persiana بالكانه bālkāneh ou a súa variante máis antiga پالكانه pālkāneh;[1]) é unha abertura feita desde o chan na parede dun cuarto, polo xeral cunha pequena plataforma que sobresae cara a fóra, amparada por unha varanda[2] Adoita estar sostido por columnas ou canzorros, e fechado mediante unha balaustrada.
Como alternativa, pode non sobresair do plano do muro, senón que constitúe unha superficie aberta dun andar alto, cunha balaustrada só na fronte, e paredes nos costados. Usualmente o acceso ao balcón faise mediante unha porta. A diferenza do patín e do corredor, o balcón non ten acceso dende a rúa mediante unha escaleira. A solaina é unha evolución do corredor, sempre cuberta, adornada e moi sólida con cantaría de pedra.
Usos especiais do balcónEditar
- Algúns balcóns están adaptados para propósitos cerimoniais, por exemplo o da Basílica de San Pedro en Roma, dende onde o Papa dá a súa beizón Urbi et Orbi.[3]
- Nas igrexas, eran usuais os balcóns interiores chamados púlpitos para os rezos.
- Nos teatros, un balcón era antigamente unha caixa sobre o escenario, mais actualmente o nome dáse unicamente a unha parte do auditorio, sobre o círculo das plateas e baixo a galería.
- Nalgunhas localidades españolas, como por exemplo, Zaragoza ou Pamplona, é habitual que o pregoeiro das festas lea o seu discurso desde o balcón da Casa do Concello.[4]
- Cando un deportista ou equipo deportivo dunha localidade gaña un trofeo de prestixio, tamén é tradicional que o celebre coa súa afección de seareiros, desde o balcón da Casa do Concello.[5] O mesmo pasa coa proclamación dos reis, Papas e gobernantes, (conmemoracións, posesións etc) etc.
- É común nos balcóns colocar bandeiras, tanto oficiais nos edificios públicos, como en vivendas particulares con intencións políticas ou deportivas.
Galería de imaxesEditar
Balcón no primeiro andar do Pazo de Raxoi, en Santiago de Compostela.
Balcóns da Casa Pereira de Castro (s.XVIII) en Vigo.
Antigo balcón en Santiago de Compostela.
Édouard Manet: O balcón (Le balcon).
Ford Madox Brown, balcón na súa famosa obra Romeo e Xulieta.
O balcón de Xulieta en Villa Capuleti en Verona.
Palazzo Cusani en Milán, Italia.
Balcón en Valderas (León).
Palazzo Cusani en Milán, Italia.
Balcón en Granada
Balcón en forxa en Cataluña.
Corido balcón en Roma.
Balcóns con balaustradas de ferro fundido en Lisboa.
Casa de Osambela, Lima
Auf dem Balkon (No balcón), de Oscar Bluhm
NotasEditar
- ↑ Dehkhoda Persian Dictionary
- ↑ {{Cita web |url=http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?sinom=0&comezapor=balc%C3%B3n&simple=1 |título=Definición en Portal das Palabras da [[RAG |data-acceso=09 de setembro de 2014 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20140911001806/http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?sinom=0&comezapor=balc%C3%B3n&simple=1 |dataarquivo=11 de setembro de 2014 |urlmorta=yes }}
- ↑ Urbi et orbi: (lat) á cidade e ao mundo
- ↑ "Pregón das Festas do Pilar desde o balcón do Concello de Zaragoza.". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 09 de setembro de 2014.
- ↑ "Fernando Alonso celebra os seus triunfos desde o balcón do Concello de Oviedo.". Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2007. Consultado o 09 de setembro de 2014.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Balcón |