A Casa Milà, tamén coñecida como "La Pedrera", é un edificio modernista que se localiza no Paseo de Gracia de Barcelona, na esquina coa rúa de Provença. Foi deseñada por Antoni Gaudí por encarga do comerciante Pere Milà i Camps, e foi construída entre os anos 1906 e 1910; foi moi polémica no seu momento, por mor das atrevidas formas onduladas da fachada de pedra e os ferros forxados retorcidos que decoran as balconadas e xanelas, deseñados en gran parte por Josep Maria Jujol, quen tamén proxectou algúns dos ceos rasos de xeso. No ano 1984 foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Actualmente é a sede da Fundació Catalunya-La Pedrera, a cal xestiona as diversas exposicións e actividades que se fan no seu interior.

Obras de Antoni Gaudí
Casa Milà
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísEspaña
LocalizaciónCoordenadas: 41°23′43″N 2°09′42″L / 41.395277777778, 2.1616666666667
TipoCultural
CriteriosI, II, IV
Inscrición1984
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador320-003
Fachada da Casa Milà

Galería editar

Véxase tamén editar