A terraza, azotea, eirado ou airado é a parte chá situada no alto dun edificio, cubríndoo total ou parcialmente. Adoita permitirse o acceso a ela para se asomar, tender a roupa ou colocar antenas. En edificios especialmente altos e grandes pode atoparse incluso un heliporto[1] ou repetidores da televisión.[2]

Terraza no edificio do museo de Escocia.

Moitas terrazas foron transformadas en xardíns, chamados teitos ou cubertas verdes (roof gardens).

Por extensión, tamén se denomina terraza á parte dunha cafetaría ou dun bar situada na beirarrúa ou nunha praza.

Galicia editar

A diferenza da arquitectura mediterránea ou de climas calorosos, a casa popular galega non posúe terrazas chás, xa que a abundancia de choivas requiría a construción dunha cuberta sempre inclinada, reservando os espazos abertos a balcóns, patíns, solainas e corredores. Hoxe atopamos terrazas nos edificios das principais cidades galegas. Cómpre ter unha boa impermeabilización para evitar infiltracións de auga.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar