Patín
Un patín é un tipo de calzado especial que permite patinar. Este, ten unha prancha enganchada a sola e leva unha especie de coitela ou rodas, dependendo da superficie sobre a que se vai esvarar. Esta especie de calzado pode ser empregado na patinaxe e como medio de transporte.
- Para outros usos do termo vexa Patín (homónimos).
Tipos de patíns
editarPatín de xeo
editarO patín para xeo está composto por unha bota unida pola súa parte inferior a unha coitela. A unión pode ser fixa en dous puntos; ou ben articulada, cun eixe na parte dianteira e un resorte que tende a manter unha certa separación entre o talón da bota e a coitela. Neste segundo caso chámaselle patín clap.
Patín sobre rodas
editarO patín sobre rodas é empregado para desprazarse sobre unha superficie o máis dura, chá e lisa posible, grazas ao rodamento que leva baixo a sola. Pode unirse ao calzado ao formar parte dunha bota que o leva incorporado na súa sola.
Existen dous tipos básicos: o patín tradicional e o patín en liña, aínda que tamén existen experiencias con patíns dunha roda e outras variantes.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Patín |