Modo de transporte
Un modo de transporte, ou medio de transporte, ou aínda sistema de transporte, é unha forma particular de transporte dun lugar a outro de bens ou de persoas, e que se distingue principalmente polo vehículo utilizado e, en consecuencia, pola infraestrutura que utiliza. Cando se asocian varios modos de transporte para concorrer á realización dunha operación de transporte, utilízase o termo intermodalidade.
ClasificaciónEditar
Os modos de transporte pódense clasificar en:
- Acuáticos, como: barco, submarino, iate, lancha, bote
- Terrestres, como: automóbil, bicicleta, motocicleta, tren etc.
- Aéreos, como: avión, helicóptero, globo de aire quente etc.
- Tracción animal, como carruaxes, zorras, carros etc.
Coa axuda da tecnoloxía poden existir algúns híbridos, é dicir que poden ser acuáticos e terrestres ao mesmo tempo (como os vehículos anfibios), ou aéreos e acuáticos (como os hidroavións) etc.
ListaxeEditar
A continuación dáse a lista dos principais medios.
AéreosEditar
Boeing 747, o popular Jumbo, da compañía Air India
Planador Zugvogel III A
Helicóptero da Xunta de Galicia no Hospital Provincial, Conxo, Santiago de Compostela
FerrocarrilEditar
Tren histórico con locomotora de vapor, en Inglaterra
Tranvías turísticos no Paseo Marítimo da Coruña
Metro do Porto, na estación Aliados
EstradaEditar
Autobús para o trasporte de estuidantes estadounidenses, o típico US school bus
Rolls-Royce Silver Ghost AX201.
Camión formigoneira en Miranda de Ebro, Burgos, España
Motocicleta Ducati 748
Bicicleta de estrada
Ciclista montado nun velocípede en Cracovia, Polonia
Marítimo e fluvialEditar
- Barco
- Bote ou barca
- Canoa
- Transbordador
- Submarino
- Transatlántico
O transatlántico RMS Queen Mary 2
Un transbordador na cidade de Hong Kong
Buque de transporte a granel
Goleta de dous paus