Ostrava
Coordenadas: 49°50′31″N 18°17′30″L / 49.84194, -18.29167
Ostrava é unha cidade do nordeste da República Checa, capital da rexión de Moravia-Silesia (Moravskoslezský kraj). En 2010 tiña 313.286 habitantes,[1] uns 13.000 menos ca no 1994.
Ostrava | |||
---|---|---|---|
| |||
![]() | |||
Escultura do cabalo emblema da cidade ó pé da casa do concello | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Rexión | Moravia-Silesia | ||
Xeografía | |||
Altitude | 208–334 msnm | ||
Superficie | 214,23 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 313.286 | ||
Outros datos | |||
Código postal | 702 2000 | ||
Alcalde | Petr Kajnar | ||
ostrava.cz |
Características Editar
Sitúase preto da unión dos ríos Oder e Ostravice. Foi fundada a finais do século XIII polo bispo de Olomouc para defender a zona do ataque dos invasores procedentes do norte.
Está localizada na conca carbonífera de Ostrava-Karviná, e na actualidade é un importante punto do transporte de mercancías e o principal centro metalúrxico do país. Ten establecementos adicados á transformación do ferro e o aceiro e á manufactura de aliaxes de aluminio. Ten centrais eléctricas e talleres para a reparación de locomotoras, alén de factorías de produtos químicos, medicinas, gases sintéticos, plásticos, derivados do petróleo, materiais de construción, roupa, cerámica, mobles e produtos alimenticios. É a sede da escola estatal de minas e metalurxia, fundada en 1716.
Foi candidata a ser Capital Europea da Cultura no 2015, porén a finalmente elixida foi Plzeň.
Notas Editar
- ↑ "Datos de poboación do 7 de maio de 2010". Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2011. Consultado o 18 de maio de 2010.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ostrava |
Ligazóns externas Editar
- Páxina web oficial (en inglés).