Camión
Un camión[1] é un vehículo motorizado para o transporte de bens. A diferenza dos coches, que adoitan ter unha construción monocasco, moitos dos camións constrúense arredor dunha estrutura resistente chamada chasis. A maioría están formados por un chasis portante, xeralmente un marco estrutural, unha cabina e unha estrutura para transportar a carga.
Hai camións de moitos tamaños e de todo tipo, dende camións pequenos ata os trens de estrada, pasando polos camións todo terreo de 200 toneladas usados na minería.
Os camións foron especializándose e tomando unha serie de características propias do traballo a realizar. Nunha evolución dunha simple caixa á forma máis adecuada á materia que se transporta; perigosas, líquidas, refrixeradas, en continuo movemento que impida o fraguado, abertos, pechados, con guindastre etc.[2]
No eixo traseiro acostuman posuír xogos dobres de roda e incluso algúns posúen dobre eixo traseiro.
O primeiro camión de motor foi construído en 1896 polo pioneiro alemán Gottlieb Daimler. O camión de Daimler tiña un motor de catro cabalos e unha transmisión por correa con dúas velocidades cara adiante e unha marcha atrás. Foi a primeira camioneta. Daimler tamén produciu a primeira motocicleta do mundo en 1885 e o primeiro taxi en 1897.
NotasEditar
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para camión.
- ↑ Martinez, Richard (2021-10-15). "Steps to Becoming an Owner-Operator Truck Driver". Rumor Fix (en inglés). Consultado o 2021-11-30.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Camión |