Vehículo anfibio

Un vehículo anfibio (ou, simplemente, anfibio), é un vehículo que pode operar tanto en terra como na auga (mares, lagos, ríos) feito polo que recibe o cualificativo (o nome) de anfibio.[1]

Vehículo anfibio de asalto anfibio AAV-7 da Armada Española desprazándose na praia de Santander (Cantabria).
Drozd anfibio vehículo no Exército 2020 exposición.

A definición aplícase tanto a vehículos terrestres como marítimos, e de calquera envergadura, tanto con motor como sen el, incluíndo bicicletas, automóbiles, barcos, aeroescorregadores, hidroavións dotados de tren de aterraxe e capaces, por tanto, de aterrar nunha pista convencional.

Teñen especial relevancia os vehículos militares de asalto anfibio pola súa capacidade para transportar tropas de asalto de infantaría, xunto co seu material, e desembarcalas en terra sen a necesidade dun peirao ou porto practicábel.

Estritamente, os vehículos militares anfibios foron desenvolvidos e perfeccionados especialmente durante e a partir da segunda guerra mundial, e máis en concreto polas potencias belixerantes implicadas na Guerra do Pacífico (1941-1945), como o Xapón e os Estados Unidos.

Este foi un feito derivado da experiencia na Guerra anfibia da primeira guerra mundial, e da necesidade de perfeccionar esta arte.[2] Tanto é así que as lanchas LCVP (da siglas en inglés de Landing Craft, Vehicle, Personnel) chegaron a seren consideradas como a arma máis importante da segunda guerra mundial pola súa capacidade de manter un continuo abastecemento e refresco de tropas.[3]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para anfibio.
  2. Cuevas, Miguel Ángel (7 de febreiro de 2011). "La Guerra anfibia". Consultado o 3 de outubro de 2012. 
  3. Vázquez García, Juan, Carlos Caballero Jurado, Lucas Molina Franco et al. (2004): "Normandía, 6 de junio de 1944. La invasión". Revista española de historia militar, Valladolid, Quirón ediciones, '48: 92.

Véxase tamén

editar