Petroleiro

barco deseñado para o transporte de cru ou produtos derivados do petróleo

Un petroleiro é un barco deseñado para o transporte de cru ou produtos derivados do petróleo. Desde 1990, tralo accidente do Exxon Valdez, tódolos petroleiros en construción son de tipo de dobre casco[1] en detrimento dos máis antigos deseños dun só casco (monocasco), debido a que son menos sensibles a sufrir danos e provocar verteduras en accidentes de colisión con outros buques, ou embarrancamento.

O superpetroleiro AbQaiq pode transportar até 2 millóns de barrís de cru a bordo.

A partir deste tipo de barcos, xurdiu o superpetroleiro, de maior capacidade de carga, e destinado ao transporte de cru dende Medio Oriente arredor do Corno de África. O superpetroleiro Knock Nevis foi a embarcación máis grande do mundo.

Ademais do transporte por oleoduto, os petroleiros son o único medio para transportar grandes cantidades de cru, a pesar de que algúns provocaron considerables desastres ecolóxicos ao afundirse preto da costa, provocando a vertedura da súa carga ao mar. Os desastres máis famosos foron os causados polos petroleiros: Torrey Canyon, Exxon Valdez, Amoco Cadiz, Erika, Prestige etc.

NomenclaturaEditar

Os petroleiros clasifícanse segundo a súa capacidade de carga, tal que:

  • VLCC (do inglés Very Large Crude Carrier), cunha capacidade de máis de 200.000 toneladas.
  • ULCC (do inglés Ultra Large Crude Carrier), cunha capacidade de máis de 300.000 toneladas.
  • Suezmax, que indica navíos que poden transitar polo Canal de Suez, cunha capacidade de entre 125.000 e 200.000 toneladas.
  • Aframax, derivada da American Freight Rate Association, cunha capacidade de entre 80.000 e 125.000 toneladas.
  • Panamax, que indica navíos que poden transitar polo Canal de Panamá, cunha capacidade de entre 50.000 e 79.000 toneladas.
  • MR, iniciais de Medium Range (medio alcance), cunha capacidade de entre 38.000 e 50.000 toneladas.
  • GP, iniciais de General Purpose (propósito xeral), cunha capacidade inferior ás 38.000 toneladas.
  • Tamén existen outras denominacións coas iniciais LR, de Large Range (grande alcance).

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar