Erika (petroleiro)
O Erika foi un petroleiro maltés de bandeira de conveniencia construído no Xapón en 1975, propiedade da empresa Tevere Shipping e xestionado por Panship Management and Services Srl. O 12 de decembro de 1999 o petroleiro afundiuse nunha tormenta, partindo en dous e provocando unha marea negra nas costas da Bretaña. No momento do incidente foi fretado por TTC (Total Transport Corporation)[1]
Erika | |
---|---|
![]() | |
Historial | Buque maltés: bandeira de conveniencia |
Clase | Petroleiro |
Operador | Panship Management and Services Srl. |
Destino | Naufraxio na Bretaña |
Características xerais | |
Eslora | 184 m |
Propulsión | Sulzer, 13 200 Hp |
HistoriaEditar
En decembro de 1999 transportaba 30 000 toneladas de fueloil pesado desde Dunkerque a Livorno (Italia), adquirido pola empresa eléctrica italiana Enel a Total Bermuda, que á súa vez o comprara a Total-Fina-Elf. En plena travesía do Cantábrico e cunha forza de mar de 8 a 10, o barco (que tiña todos os permisos en regra) rompeu en dous por un defecto estrutural e o desgaste normal nun barco da súa antigüidade (25 anos), provocando unha catástrofe ecolóxica en forma de marea negra na costa bretoa.
En xaneiro de 2007 o tribunal correccional de París ditou unha sentenza condenando a Total, o armador, o xerente do petroleiro e a empresa de certificación italiana Rina (responsable das inspeccións técnicas do buque) a pagar colectivamente 192 millóns de euros de indemnización ás vítimas da marea negra. A mesma sentenza absolve ao capitán, e aos axentes do servizo de salvamento que foron acusados de neglixencia.
A sentenza é histórica porque establece en Francia por primeira vez o concepto de "dano ecolóxico". Finalmente non houbo sentenza para o capitán indio das cortes francesas.
NotasEditar
- ↑ "FIDAC; Mapa". www.iopcfunds.org. Consultado o 2022-07-06.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Erika |
Ligazóns externasEditar
- Sitio web do goberno francés sobre o desastre do Erika
- Xuízo Erika Paris 2007 Arquivado 02 de xuño de 2020 en Wayback Machine.
- Apelo : xuízo ERIKA, París outubro-novembro 2009 Arquivado 09 de marzo de 2021 en Wayback Machine.
- Artigo, escrito por un mariñeiro, sobre o caso
- Fotos tomadas pola tripulación horas antes do afundimento Arquivado 12 de xaneiro de 2021 en Wayback Machine.
- Erika: Sentenza (en francés), París, 5 de outubro de 2009 Arquivado 12 de maio de 2021 en Wayback Machine.