Axencia Europea de Seguridade Marítima
A Axencia Europea de Seguridade Marítima ( AESM ou EMSA, do inglés: European Maritime Safety Agency) é unha axencia da Unión Europea encargada de reducir o risco de accidentes marítimos e a contaminación mariña dos buques e a perda de vidas humanas no mar contribuíndo a aplicar a lexislación comunitaria pertinente. Ten a súa sede en Lisboa, Portugal[1].
Axencia Europea de Seguridade Marítima | |
---|---|
Acrónimo | EMSA |
Tipo | decentralised agency of the European Union |
Data de fundación | 25 de agosto de 2002 |
Nº de empregados | 270 (2021) |
Sede | Lisboa |
38°42′21″N 9°08′31″O / 38.70591, -9.14201 | |
Na rede | |
http://emsa.europa.eu/ e http://emsa.europa.eu/bg | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Misión
editarA AESM ten a seguinte misión:
- asistir á Comisión Europea na creación de lexislación no ámbito da seguridade marítima e na prevención da contaminación dos buques .
- asistir á Comisión na aplicación efectiva da lexislación comunitaria en materia de seguridade marítima, en particular no seguimento do funcionamento do réxime portuario comunitario.
- organizar exercicios, desenvolver solucións técnicas e prestar asistencia técnica relacionada coa aplicación da lexislación comunitaria
- axudar a desenvolver unha metodoloxía común para a investigación de accidentes marítimos
- proporcionar datos sobre seguridade marítima e contaminación dos buques, e axudar na identificación e persecución de buques que realicen verteduras ilegais.
Como tal, a AESM traballa en estreita colaboración cos servizos marítimos dos estados membros.
Historia e estrutura
editarA AESM foi fundada en 2002, despois de que as Comunidades Europeas adoptasen importantes paquetes de lexislación sobre seguridade marítima após grandes catástrofes marítimas en augas europeas, como os accidentes no ferry Estonia e os petroleiros Erika e Prestige. Sentiuse a necesidade de contar cunha axencia especializada nos ámbitos da lexislación marítima, a aplicación e a execución.
A AESM tiña orixinalmente a súa sede na parte leste de Lisboa, onde tivo lugar a exposición mundial de 1998 (Expo 98), tendo sido trasladada desde entón a novas instalacións, construídas para o efecto preto do Cais do Sodré, no centro de Lisboa. Conta cun cadro de persoal duns 120 traballadores e opera unha pequena frota de buques contratados ao sector comercial para complementar os recursos de cada estado membro. O director executivo é Willem de Ruiter.
A EMSA conta cun orzamento de 17.500.000 euros, máis 17.800.000 euros para atender casos de contaminación.
Gardacostas Europea
editarEn maio de 2006, The Daily Telegraph (xornal británico) informou de que a Comisión supostamente considerara propoñer a transformación da EMSA nunha Garda Costeira Europea, aínda que non se informaron detalles. O xornal citou a algúns críticos que se mostraban receosos ante a posibilidade de constituír á escondida unha mariña europea, poñendo en perigo a soberanía dos Estados membros en materia de defensa[2].
Notas
editar- ↑ "EMSA". european-union.europa.eu (en portugués). Consultado o 2022-07-06.
- ↑ "Full steam ahead: Brussels draws up plan for 'EU navy'". www.telegraph.co.uk. Consultado o 2022-07-06.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Axencia Europea de Seguridade Marítima |
Ligazóns externas
editar- [en http://www.emsa.europa.eu/]
- http://www.emsa.europa.eu/Docs/Technical_Reports/emsa_brochure_8_6_2006_pt.pdf