Axencia Europea de Seguridade Aérea

A Axencia Europea de Seguridade Aérea (en inglés European Aviation Safety Agency ou EASA) é unha axencia da Unión Europea con tarefas normativas e executivas no campo da seguridade aérea civil. Baseada en Colonia, a EASA creouse o 15 de xullo de 2002[1] e acadou a súa funcionalidade plena no ano 2008, asumindo as funcións das Autoridades Conxuntas de Aviación (Joint Aviation Authorities ou JAA). Os países da Asociación Europea de Libre Comercio teñen garantida a súa participación na axencia.

Axencia Europea de Seguridade Aérea
EASA Logo.png
Información xeral
Formación 15 de xullo de 2002
Sede central Colonia, Alemaña
Sitio web
www.easa.europa.eu

As responsabilidades da EASA inclúen a análise e investigación da seguridade, autorizando operadores estranxeiros, asesorando a redacción da lexislación da UE, poñendo en funcionamento e monitorizando regras (como as inspeccións nos estados membros), dándo certificacións de tipo de avións e compoñentes e aprovando as organizacións relacionadas co deseño, fabricación e mantemento de produtos aeronáuticos.

Como parte do Ceo Único Europeo II, a axencia recibiu tarefas adicionais.[2] Entre outras cousas, a EASA poderá certificar bloques funcionais aéreos se participan máis de tres partes.

NotasEditar

  1. Unión Europea (ed.). "EASA". Consultado o 31 de xullo de 2017. 
  2. Eur-lex.europa.eu (ed.). "Regulation of the European Parliament and of The Council". Consultado o 31 de xullo de 2017.