Dunkerque
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2021.) |
Coordenadas: 51°02′18″N 2°22′39″L / 51.0383, 2.377500
Dunkerque (en neerlandés Duinkerke) é unha cidade portuaria do norte de Francia, no departamento de Norte, situada a 10 quilómetros da fronteira con Bélxica.
Dunkerque | |
---|---|
![]() | |
Porto e casa do concello de Dunkerque | |
Localización | |
País | Francia |
Rexión | Hauts-de-France |
Departamento | Nord |
Xeografía | |
Superficie | 43,89 km² |
Demografía | |
Poboación | 86.865 hab.(2018) |
Outros datos | |
Sitio web oficial |
XeografíaEditar
A poboación do concello era de 86.865 habitantes no ano 2018. Incluíndo poboacións próximas, a poboación da área metropolitana é de máis de 200 mil habitantes. O seu nome provén das palabras neerlandesas duin (duna) e kerk (igrexa).
HistoriaEditar
Rexión moi disputada entre España (pois pertencía aos Países Baixos españois), Inglaterra, os Países Baixos e Francia, non foi ata o 17 de outubro de 1662 que pasou definitivamente a soberanía francesa, cando Carlos II de Inglaterra llela vendeu por 40.000 libras. Durante o reinado de Luís XIV serviu de base para un gran número de corsarios, o máis famoso dos cales foi Jan Bart, coñecido por atacar barcos holandeses.
Xa bombardeada durante a primeira guerra mundial, a cidade padeceu especialmente durante a Segunda. En 1940 foi escenario da evacuación de 300.000 soldados franceses e británicos, estes últimos pertencentes á Forza Expedicionaria Británica, cara a Gran Bretaña, ante o avance alemán, no que foi coñecido como Operación Dinamo (ver Batalla de Dunkerque).
O 14 de decembro de 2002, o Tricolor, un barco noruegués destinado ao transporte de coches, chocou co Kariba (rexistrado nas Bahamas) en fronte ás costas de Dunkerque, e afundiu, o que representou un inmenso perigo para a navegación no canle da Mancha. Xa á noite seguinte o Nicola, un barco alemán, tocou o naufraxio e tivo que ser remolcado para liberarse. O 1 de xaneiro de 2003 o barco de bandeira turca Vicky embarrancou nos restos do Tricolor, pero puido marchar ao subir a marea.
EconomíaEditar
Dunkerque é o terceiro porto máis grande de Francia logo do Le Havre e de Marsella. Tamén teñen importancia as industrias metalúrxica, alimentaria, petroquímica e naval. Dunkerque representa, ademais, un importante nó de comunicacións, con enlaces con tren de alta velocidade con Lille e París (ademais de trens de proximidade), por autoestrada con Flandres e Calais e por ferri con Ramsgate e Dover, en Gran Bretaña.
Eventos e atraccións turísticasEditar
- O Museo portuario acolle exposicións sobre a historia da cidade e do porto.
- O Museo de Belas Artes ten unha ampla colección de pintura e escultura flamenga, inglesa e francesa.
- O entroido de Dunkerque.
- Os Catro días de Dunkerque unha proba de ciclismo profesional.
Cidades irmásEditar
Dunkerque está irmandada con:
- Riga (Letonia) dende 1960
- Krefeld (Alemaña) dende o 15 de xuño de 1974
- Middlesbrough (Reino Unido) dende 12 de abril de 1976
Véxase taménEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Dunkerque |
Ligazóns externasEditar
- Web do concello de Dunkerque Arquivado 03 de maio de 2011 en Wayback Machine. (en francés)
- Web turística oficial (en francés) e (en inglés)