Golfo de Biscaia
O golfo de Biscaia (en castelán: Golfo de Vizcaya, en éuscaro: Bizkaiko Golkoa, en francés: golfe de Gascogne, en occitano: golf de Gasconha) é un golfo do Atlántico Norte que comprende o mar Cantábrico. Comprende, aproximadamente, dende Estaca de Bares en Galicia ata o sur da Bretaña. Baña as costas de Cantabria, País Vasco e Aquitania (Francia).
Tipo | baía | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Biscaia e Gascuña | ||||
Parte de | océano Atlántico Norte | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Composto por | |||||
Afluente | rivière d'Étel (en) ,Lea River (en) ,Artibai (en) ,Río Vilaine ,Seudre (pt) ,Río Oria ,Ter (en) ,Uhabia (en) ,Untxin (en) ,Escudo River (en) ,Pont-l'Abbé river (en) ,Río Loira ,Río Bidasoa ,Río Saja ,Río Deva, Cantabria ,río Navia | ||||
Conca hidrográfica | Bacia do Golfo da Biscaia (pt) | ||||
Características | |||||
Profundidade | 4.735 m | ||||
Superficie | 223.000 km² | ||||
Comprende importantes portos comerciais, como o de Bilbao, Pasaia ou Bordeos, e pesqueiros como os de Santoña, Laredo, Castro Urdiales, Bermeo, Ondarroa, Getaria ou Saint-Jean-de-Luz.
Xeografía física
editarA súa costa no sur é escarpada, con multitude de cantís entre os que se abren praias e pequenas baías, xeralmente nas desembocaduras dos ríos (que adoitan ser en forma de rías). Destacan a rasa mareal da costa guipuscoana, entre Deba e Zumaia (esténdese en menor medida ata Ondárroa), e as praias de Laredo, Comillas, Laga, Deba, Zarautz ou Donostia, mentres que a costa francesa é baixa e areosa, con numerosos pantanos. Nuns 320 km ao norte da Xironda predominan as marismas, pero logo vólvese rochosa e elevada ata a península de Quiberon.
Os ríos que desembocan neste golfo son de curto percorrido e moi irregular caudal, como todos os da vertente Cantábrica (agás o río Garona que desemboca na cidade de Bordeos). Entre eles destacan o Nervión, que forma a ría de Bilbao, e o río Bidasoa, que marca a fronteira entre Francia e España.
A pesqueira do golfo de Biscaia é similar á do mar Cantábrico. Está moi explotada e hai moitas especies que están en perigo serio de extinción, como o ollomol, a pescada e ata a bocarte. Outras, como o verdel e o bonito, gozan de boa saúde e explótanse regularmente. Algunhas especies xa desapareceron, como a balea vasca, cuxo último exemplar pescouse en Orio a principios do século XX.
O golfo de Biscaia foi unha zona de tránsito naval importante desde a antigüidade. A característica da súa localización e forma potenciou que se usase para a navegación entre a costa occidental continental e o norte peninsular, e entre estes puntos coas Illas Británicas (a diferenza da rexión occidental do mar Cantábrico, as costas galega e asturiana, onde se propiciaron as rutas cara a e desde Irlanda).
A corrente de Nadal, que percorre toda a costa Cantábrica de oeste a leste, chega ao golfo de Biscaia arrastrando toda clase de obxectos ata chocar coa costa continental, o que lle obriga a subir ao norte e morrer. Esta corrente é a culpable de que a vertedura de chapapote ou do naufraxio do Prestige chegase ata as costas francesas desde máis aló da cidade da Coruña.
Extensión
editarA Organización Hidrográfica Internacional define os límites do Golfo de Biscaia como "unha liña que une o Cabo Ortegal (43°46′N 7°52′O / 43.767, -7.867) a Penmarch Point (47°48′N 4°22′O / 47.800, -4.367).[1]
A parte máis meridional é o Mar Cantábrico.
Ríos
editarOs principais ríos que se baleiran no Golfo de Biscaia son o Loira, Charente, Garona, Dordoña, Adour, Nivelle, Bidasoa, Oiartzun, Urumea, Oria, Urola, Deba, Artibai, Lea, Oka, Nervión, Agüera, Asón, Miera, Pas, Saja, Nansa, Deva, Sella, Nalón, Navia, Esva, Eo, Landro e Sor.
Clima
editarA finais da primavera e principios do verán un gran triángulo de néboa enche a metade suroeste da baía, que extenténdese só uns quilómetros cara ao interior.
A medida que iniciase o inverno, o clima faise severo. As depresións entran desde o oeste con moita frecuencia e o ben rebotan cara ao norte ás Illas Británicas ou entran no val do Ebro, se secan e renacen en forma de fortes tormentas eléctricas cando alcanzan o mar Mediterráneo. Estas depresións causan un clima severo no mar e provocan chuvias leves aínda que moi constantes nás súas costas (coñecidas como orballo, sirimiri, morrina, orbayu, orpin ou calabobos). Ás veces, fórmanse fortes tormentas de vento, se a presión cae rapidamente (Galernas), que viaxan ao longo da Corrente do Golfo a gran velocidade, asemellándose a un furacán e, finalmente, chocando nesta baía coa súa máxima potencia, como o Klaus.[Cómpre referencia]
A Corrente do Golfo entra na baía seguindo o bordo da plataforma continental no sentido antihorario (a Rennell Current), mantendo as temperaturas moderadas durante todo o ano.
Cidades principais
editarAs principais cidades a beiras do Golfo de Biscaia son Bordeaux, Bayonne, Biarritz, Brest, Nantes, La Rochelle, Donostia, Bilbao, Santander, Xixón e Avilés.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Golfo de Biscaia |
Ligazóns externas
editar- ↑ "Limits of Oceans and Seas, 3rd edition + corrections" (PDF). International Hydrographic Organization. 1971. p. 42 [corrections to page 13]. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de outubro de 2011. Consultado o 6 de febreiro de 2010.