Brest, Bretaña
Coordenadas: 48°23′27″N 4°29′8″O / 48.39083, -4.48556
Brest é unha cidade e un porto atlántico de Francia situada no departamento francés de Finistère, na rexión da Bretaña. No ano 2008 tiña 142.097 habitantes[1]. É a segunda cidade da rexión administrativa da Bretaña despois de Rennes.
Brest, Bretaña | ||
---|---|---|
![]() | ||
Vista da cidade dende o castelo | ||
Localización | ||
País | ![]() | |
Rexión | ![]() | |
Departamento | ![]() | |
Xeografía | ||
Altitude | 0–103 msnm | |
Superficie | 49,51 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 142.097 hab. (2008) | |
Densidade | 2.900 hab/km² | |
Outros datos | ||
Código postal | 29200 | |
Alcalde | François Cuillandre (2014-2020) | |
Páxina oficial de Brest |
XeografíaEditar
Brest ocupa unha situación estratéxica preto da ruta marítima máis frecuentada do mundo. A rada de Brest, cunha superficie de 150 km2 e separada do océano por un estreito paso de 6 km de longo e 1,8 km de ancho, protexe a cidade e o seu porto das numerosas tormentas que castigan a miúdo a costa bretoa.
HistoriaEditar
A primeira cidadela de Brest foi un campamento romano construído entre os anos 250 e 350: o 'Castellum'. A ocupación romana termina a comezos do século V.
No século XVII Richelieu crea a Mariña de Poñente e o porto de Penfeld; nace o Arsenal e é o comezo do desenvolvemento portuario e militar de Brest, o cal levou á fortificación da cidade, segundo a planificación de Vauban a partir de 1683.
Durante a primeira guerra mundial foi o porto de desembarco das tropas norteamericanas. Na segunda guerra mundial a cidade foi destruída polos bombardeiros e a reconstrución, comezada ao finalizar a guerra, non rematou até 1961.
Eventos culturais e festividadesEditar
- Les Tonnerres de Brest, Festa marítima internacional
Cidades irmandadasEditar
- Denver (1956)
- Plymouth (1963)
- Kiel (1964)
- Tarento (1964)
- Yokosuka (1970)
- Dún Laoghaire (1984)
- Cádiz (1986)
- Sapone (1989)
- Constanţa (1993)
Protocolo de amizadeEditar
- Bejaia (1995)
NotasEditar
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- «Brest» por Jean Ollivro en Enciclopædia Universalis