Río Oiartzun
Para o concello do mesmo nome véxase: Oiartzun.
O Oiartzun é un pequeno río de Guipúscoa, en Euskadi, de pouco máis de 16 km de longo. A súa conca, de 82,27 km², atópase na xona oriental da provincia.
Río Oiartzun | |
---|---|
O Oiartzun ao seu paso por Errenteria. | |
País | España |
Nacemento | Aiako Harria |
Lonxitude | 16,6 km |
Conca | 82,27 km² |
Desembocadura | Mar Cantábrico |
Nace en Aiako Harria, no concello de Oiartzun, nunha das zonas con máis precipitacións anuais da Península Ibérica (2.300 mm). Posteriormente pasa polos termos municipais de Errenteria e Lezo. Desemboca na baía de Pasaia, no mar Cantábrico, onde se atopa o porto de Pasaia, o máis importante da provincia.