Río Sor
O río Sor é un curso fluvial galego da vertente cantábrica, cuxo percorrido é fronteira natural das provincias de Lugo e A Coruña ata que desemboca na Ría do Barqueiro.
Río Sor | |
---|---|
País | Galicia |
Lonxitude | 49 km |
Desembocadura | Ría do Barqueiro |
Fórmano dous pequenos ríos, o Tras da Serra que nace na Veiga da Nata, no concello das Pontes de García Rodríguez, e o Santar, que nace en terras de Muras[1]. Os dous xúntanse na Ribeira da Señora en Ambosores, parroquia á que dan o nome[2].
A partir da súa formación, o río Sor baña terras do concello coruñés de Mañón pola súa esquerda, e dos concellos lugueses de Ourol e O Vicedo pola súa dereita.
Etimoloxía
editarA raíz sar- “fluír, discorrer” dá nomes en diferentes linguas indoeuropeas, coma no sánscrito sará- “líquido, fluído”, sarít- 'regato', grego oros e latín serum “líquido leitoso”. Hidrónimos derivados desa raíz, encontrámolos na fonte Sar (Santa María del Campo, Burgos); o regato Sarrión (Coaña, Asturias) Sariego (Sariego, Asturias); regato da Sara (Rodeiro, Pontevedra), Sarria (Lugo); a fonte de Sora (Langás, Zaragoza); e coa alteración /S/ inicial do árabe temos por exemplo o río Jarama. Tamén existe o río Sarno no golfo de Nápoles e máis o célebre afluente do Rin, Sarre no francés e Saar no alemán.”
Notas
editar- ↑ Asociación informática Amigus, ed. (14/5/2013). "Ambosores celebrou, despois de case vinte anos, as súas festas patronais da Ascensión.". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 5 de setembro de 2015.
- ↑ IGN (ed.). "Visor Iberpix" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2013. Consultado o 06 de setembro de 2015.