O Vicedo
Coordenadas: 43°43′56.72″N 7°40′30.34″O / 43.7324222, -7.6750944
O Vicedo é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Occidental. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.882 habitantes (2.011 no 2009, 2.146 no 2005, 2.181 no 2004, 2.228 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é vicedao ou vicedense[8].
O Vicedo | |
---|---|
![]() Vista xeral da capital municipal. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | vicedao/vicedá vicedense |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Lugo |
Comarca | Comarca da Mariña Occidental |
Poboación | 1.665 hab. (2022)[2][3] |
Área | 76,0 km²[3] |
Densidade | 21,91 hab./km² |
Entidades de poboación | 7 parroquias[4] |
Capital do concello | O Vicedo |
Política (2019[5]) | |
Alcalde | José Jesús Novo Martínez (PPdeG [6]) |
Concelleiros | PPdeG: 6 PSdeG-PSOE: 3 |
Eleccións municipais no Vicedo | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 73,77% |
Na rede | |
www.concellodovicedo.org | |
[ editar datos en Wikidata ] |
HistoriaEditar
O concello naceu coa constitución de 1812. O territorio que abranguía non se correspondía co actual, senón que se dividía en tres concellos: Negradas, Val e Cabanas. En 1835 estableceuse unha nova división municipal segundo un real decreto, onde o territorio do concello se distribuíu nos concellos de Galdo (O Vicedo, San Miguel de Negradas e San Román de Vale) e Viveiro (Suegos, Mosende, Río Barba e Cabanas). Esta división durou só 5 anos e o 18 de outubro de 1840 aparece o concello de Riobarba, no Boletín Oficial da Provincia de Lugo coas parroquias actuais do municipio do Vicedo.
Durante os seguintes anos mantívose certa estabilidade manténdose Río Barba como capital do municipio do mesmo nome, até que no ano 1952, mediante circular do gobernador civil de Lugo, cambiouse a capitalidade e o nome do municipio polo de Vicedo (sic) o 14 de xullo de 1952, nome dun lugar da parroquia do mesmo nome. En 1983, mediante a Lei de normalización lingüística, o topónimo oficial pasou a ser O Vicedo.
PatrimonioEditar
Na parroquia do Vicedo está a igrexa de Santo Estevo do Vicedo.
DemografíaEditar
Censo total 2014 | 1.882 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 161 (8.55 %) |
Entre 15 e 64 anos | 1.086 (57.7 %) |
Maiores de 65 anos | 635 (33.74 %) |
Evolución da poboación vicedense desde 1920 ata o ano 2009:

Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes do Vicedo.
Portada da capela de San Roque de Negradas.
Lugares do VicedoEditar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello do Vicedo vexa: Lugares do Vicedo.
ParroquiasEditar
NotasEditar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "O Vicedo".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 27 de maio de 2019.
- ↑ Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "O Vicedo". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 60. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: O Vicedo |
Ligazóns externasEditar
- Páxina do concello do Vicedo (en castelán) e (en inglés)
- Toponimia do Vicedo (en galego)
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |