Río Barba, O Vicedo

parroquia civil do concello do Vicedo

San Paulo de Río Barba é unha parroquia do concello do Vicedo, na comarca da Mariña Occidental, na provincia de Lugo. En 2007 tiña 140 habitantes, 82 menos ca en 1991.

Río Barba
Detalle-fachada-san-paulo-riobarba-vicedo.jpg
Igrexa parroquial
ConcelloO Vicedo[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°40′15″N 7°40′06″O / 43.670833333333, -7.6683333333333Coordenadas: 43°40′15″N 7°40′06″O / 43.670833333333, -7.6683333333333
Poboación98 hab. (2017)
Entidades de poboación22[1]
editar datos en Wikidata ]

Limita ao norte coas Ribeiras do Sor (Mañón), As Negradas e Mosende; ao sur con Cabanas; ao leste con Mosende e Covas (Viveiro) e ao oeste con Mañón.

A igrexa parroquial foi mandada construír por Fernán Pérez de Andrade, O Boo a finais do século XIV, conservando aínda a insignia deste nobre medieval, o porco bravo, igual que ocorre na igrexa de Santa María de Cabanas, tamén no Vicedo. O pórtico é de data moi posterior. É de planta rectangular, fabricada con muros de cantería e lousa, e con cuberta de lousa.

Galería de imaxesEditar

Lugares e parroquiasEditar

Lugares de Río BarbaEditar

Lugares da parroquia de Río Barba no concello do Vicedo (Lugo)

Abezán | O Canto do Muro | O Chao | Cortellas | A Costa | A Cova | Espido | Espigueiras | A Forqueta | Golpeiras | Insua | Maladas | As Mangas | Montemeao | Os Navallos | A Pardiñeira | O Regal | O Rego dos Bois | O Rego | Os Sirgos | O Tellado | O Vilar

Parroquias do VicedoEditar

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias do Vicedo

Cabanas (Santa María) | Mosende (San Pedro) | Río Barba (San Paulo) | San Miguel de Negradas (San Miguel) | San Román de Vale (San Román) | Suegos (Santa María) | O Vicedo (Santo Estevo)

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar