Zarautz
Coordenadas: 43°17′11″N 2°10′29″O / 43.28639, -2.17472
Zarautz é unha cidade e un concello vasco con 14 km² e 22.323 habitantes (2006), situada no centro da costa de Guipúscoa. Forma un elegante centro balneario a 20 km de Donostia, capital provincial, coa praia máis longa de Euskadi, duns 2.500 m.
Zarautz | ||
---|---|---|
![]() | ||
Vista xeral de Zarautz | ||
Localización | ||
País | ![]() | |
Provincia | Guipúscoa | |
Comarca | Urola Kosta | |
Xeografía | ||
Altitude | 4 msnm | |
Superficie | 14,80 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 22.650 hab. (2012) | |
Densidade | 1530,41 hab/km² | |
Xentilicio | zarauzano/a zarauztarra (en éuscaro) | |
Outros datos | ||
Código postal | 20800 | |
Alcalde | Juan Luis Illarramendi Roteta (Bildu) | |
Páxina oficial de Zarautz |
HistoriaEditar
Entre as primeiras noticias históricas acerca de Zarautz está a concesión de carta foral polo rei Fernando III de Castela en 1237. A súa poboación dedicouse tradicionalmente á pesca, especialmente a de baleas. Esta tradición mariñeira continuou até o século XVI, pasou a dedicarse en boa medida a actividades industriais como ferrerías, estaleiros navais, confección téxtil e de mobles.
Na segunda metade do XIX douse unha importante evolución na economía local, cando a raíña Isabel II de España colleu o costume de pasar un tempo de repouso no verán, e escolleu a vila de Zarautz como lugar de estancia; á raíña foi seguida de familias nobiliarias e outras persoalidades que arrastraban consigo un numeroso séquito. Zarautz pasou a converterse nunha das primeiras localidades turísticas de España. A localidade enriqueceuse con construcións luxuosas e o ritmo mantívose durante a primeira metade do século XX.
MonumentosEditar
- Palacio de Narros de 1536, arrodeado dun xarín á inglesa. Nel hospedouse a raíña Isabel II e outras personalidades.
- Casa-Torre dos Zarrautz de fins do século XV.
- Torre Luzea, tamén do XV.
- Casa Portu do século XVI; hoxe Casa do Concello.
- Casa Makatza do XV, con aspecto de casa-torre defensiva.
- Casa Dotorqua do XVI, exemplo arquitectónico tradicional vasco.
- Igrexa Parroquial de Santa Maria la Real, con transformacións ao longo dos séculos.
- Convento dos Padres franciscanos, del 1610, contén unha importante biblioteca vasca.
- Convento de Santa Clara de 1611.
A cidade está dotada de moitos xardíns e parques: Parque de Vista Alegre', Parque de Mutxio, Parque de Torre Luzea, Parque de Pagoeta (cun museo no mesmo parque e cunha antiga ferraría).
ProximidadesEditar
- A 15 km, Orio, pintoresco paisaxe vasca sobre do río Oria.
- A 10 km, Getaria, porto de pesca tradicional.
- A 12 km, Zumaia , outra localidade litoral.
- A 28 km, Santuario de Loiola grandioso complexo monastico que comprende a casa da familia Loyola con recordos e reliquias do santo.
FestasEditar
As máís importantes son a patronais de San Pelaio do 25 ao 27 de xuño. Tamén a festas da Virxe, do 14 ao 17 de agosto e as Euskal Jaiak o 9 de setembro.
Véxase taménEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Zarautz |