Río Vilaine
O Vilaine (Gwilun ou Gwilen en bretón) é un río da Bretaña. Nace no departamento de Mayenne e desemboca no océano Atlántico no departamento de Morbihan.
Río Vilaine | |
---|---|
O río Vilaine en Rennes | |
País | ![]() |
Nacemento | Outeiro de Juvigné |
Altitude | 150 m |
Lonxitude | 230 km |
Desembocadura | Océano Atlántico |
![]() | |
Localización do río Vilaine | |
TopografíaEditar
O río nace no outeiro de Juvigné, a 150 m de altitude e desemboca no Océano Atlántico. No seu percorrido de 230 km atravesa catro departamentos: Mayenne na rexión do País do Loira e os tres departamentos bretóns Ille e Vilaine (ao que dá o seu nome), Loira Atlántico e Morbihan. Próximo á súa desembocadura alcanza os 500 m de largo.
AfluentesEditar
Ribeira dereitaEditar
- Veuvre
- Ille (en Rennes)
- Flume
- Meu
- Canut[1]
- Oust, principal afluente do Vilaine co que se xunta en Redon
Ribeira esquerdaEditar
- Seiche
- Semnon
- Chère
- Don
- Isac
Principais cidades atravesadasEditar
NotasEditar
- ↑ Dous afluentes, ámbolos dous na ribeira dereita, levan ese nome