Santoña
Coordenadas: 43°26′29″N 3°27′27″O / 43.44139, -3.45750
Santoña é unha vila que se encontra na zona oriental de Cantabria, en España, situada na baía do seu nome, ao pé do monte Buciero. Dista uns 45 km da capital, Santander. A cidade de Santoña está limitada ao norte pola praia de Berria, ao sur pola praia de San Martín, ao leste polo monte Buciero e ao oeste polo porto pesqueiro e a nova sección de porto deportivo que á súa vez ten ao oeste as marismas.
Santoña | |||
---|---|---|---|
| |||
Vista de Santoña | |||
Localización | |||
![]() | |||
País | ![]() | ||
Comunidade Autónoma | Cantabria | ||
Comarca | Trasmiera | ||
Xeografía | |||
Altitude | 7 msnm | ||
Superficie | 11,53 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 11.569 hab. (2009) | ||
Densidade | 1.003,38 hab./km² | ||
Xentilicio | Santoñés/a | ||
Outros datos | |||
Código postal | 39740 | ||
Alcalde | María Puerto Gallego Arriola (PSC-PSOE) (2007) | ||
www.aytosantona.org |
Xeografía Editar
A acción do curso baixo do río Asón formou a chamada ría de Treto que desemboca no estuario e cuxos sedimentos de abundantes limos formaron o ecosistema da marisma santoñesa. O monte Buciero elévase a uns 400 m; ocupa unha superficie maior que a metade do total do Municipio. En tempos pasados as súas ladeiras estaban roturadas con socalcos que se aproveitaban para o cultivo. Na actualidade a súa vexetación é de sotobosque e matogueira, con loureiros, abruñeiros, abeleiras, teixos e érbedos. A base do monte polo lado que dá ao mar está configurada por unha costa irregular e sinuosa que ofrece un grande acantilado. Rodeando o monte polo seu lado sur encóntrase a praia de San Martín, que é a entrada á baía. Fronteiro a esta praia aparece un areal chamado O Puntal, pertencente á localidade de Laredo. Coa praia de San Martín comeza a cidade pola parte sur.
A praia de Berria encóntrase no norte de Santoña. Formouse polos arrastres que depositaron dúas correntes de mar de dirección contraria, N-S e S-N. Santoña era na antigüidade case unha illa e as súas augas vertían por esta parte da praia, mais foise enchendo a saída da auga pola acción dos ventos, formando un banco de area e unha liña de dunas con vexetación que foron impedindo o escoamento para o mar norte e formaron así un istmo, que son as actuais marismas. Parece ser que o canal que atravesa as marismas, chamado Canal de Boó, era o que efectuaba o dito escoamento. As marismas son dun gran valor ecolóxico, reserva natural e zona protexida. Abarcan 3.500 hectáreas nas que están comprendidas unha parte de Noja, Colindres e Limpias, ademais da grande extensión da propia Santoña.
No límite oeste do Municipio encóntrase outro monte chamado o Brusco, dunha altitude de 250 m. e para o sur oeste o monte Montehano, xa no municipio de Escalante, onde está en convento do mesmo nome. Neste convento están sepultados os restos de Bárbara Blomberg, mai de Xoán de Austria.
Demografía Editar
Con 11.592 habitantes (INE, 2005), este municipio era o oitavo núcleo máis poboado de Cantabria; aínda que ten o posto 94 en canto a superficie.
1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1980 | 1990 | 2000 | 2005 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
4.339 | 6.315 | 7.327 | 7.024 | 11.136 | 8.938 | 9.082 | 10.633 | 11.003 | 11.211 | 11.556 | 11.592 |
Fonte: INE
.
Administración Editar
|
|
Véxase tamén Editar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Santoña |
Ligazóns externas Editar
- Foto de Google, con marea alta