Argoños é un municipio da comunidade autónoma de Cantabria (España). Limita polo norte con Noja, polo oeste con Arnuero, polo sur con Escalante e polo leste con Santoña e a súa baía. Está situado na comarca de Trasmiera.

Modelo:Xeografía políticaArgoños
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 43°27′36″N 3°29′29″O / 43.46, -3.4913888888889Coordenadas: 43°27′36″N 3°29′29″O / 43.46, -3.4913888888889
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCantabria Editar o valor em Wikidata
CapitalArgoños Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación1.860 (2023) Editar o valor em Wikidata (337,57 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie5,51 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude24 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataJuan Jose Barruetabeña Manso (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal39197 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE39005 Editar o valor em Wikidata

Páxina webaytoargonos.es Editar o valor em Wikidata

Aínda estando moi preto do mar, non linda con este directamente. O pequeno porto que posúe, que se atopa no barrio de Ancillo, ten acceso ao mar a través das marismas de Santoña, Victoria e Joyel.

Desde finais do século XX debido á súa situación, cerca da praia de Berria de Santoña, ademais das de Noja, fixeron que Argoños se converta en lugar residencial e de veraneo.

Localidades editar

Núcleo de poboación editar

Argoños é tamén a localidade capital do concello. Está situada a 24 metros sobre o nivel do mar, e no 2008 contaba cunha poboación de 533 habitantes (INE). Destaca nela a igrexa do Salvador, con elementos do século XVI.

Economía editar

 
Muíño de mareas en Argoños. Está situado na zona de El Ribero, pertencente ás marismas de Santoña, Victoria e Joyel.

O marisqueo e a pesca foi unha das bases da economía local, como tamén a gandaría. Un 8,7 % da poboación de Argoños emprégase no sector primario, un 15,5 % na construción, un 20,9 % na industria e por último un 54,9 % no sector servizos.

Demografía editar

Evolución demográfica
1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1980 1990 2000 2005
511 658 634 702 713 797 780 553 580 652 868 1.355

Fonte: INE

Administración editar

Polo incremento demográfico, a corporación municipal no 2007 incrementouse de 7 a 9. As seguintes táboas mostran os resultados das eleccións municipais de 2003 e 2007.

Eleccións municipais, 25 de maio de 2003
Partido Votos % Concelleiros
PP 510 67,19 % 5
PRC 175 23,06 % 2
  • Alcalde electo: Juan José Barrotabeña Manso (PP).
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007
Partido Votos % Concelleiros
PP 647 64,31 % 7
PSOE 172 17,10 % 1
PRC 156 15,51 % 1
  • Alcalde electo: Juan José Barrotabeña Manso (PP).

Festas editar

 
Argoños visto desde o norte, coas marismas de Santoña á esquerda, o monte Montehano de Escalante no centro e a Cordilleira Cantábrica no fondo.

Véxase tamén editar