Abrir o menú principal
A praia de Berria vista desde o leste, con Argoños no fondo á esquerda e Noja no fondo á dereita.

A praia de Berria é un areal situado no concello de Santoña, en Cantabria, á beira do mar Cantábrico.

A praia atópase no istmo que une a península que forma o monte Buciero (de Santoña) co municipio de Argoños. Os seus 2.200 metros de lonxitude esténdense entre o monte Brusco (no oeste), e o macizo do Buciero (no leste). Polo norte atópase co mar Cantábrico e polo sur coas marismas de Santoña.

Presenta area branca e fina, cunha pequena pendente, e está condecorada coa Bandeira Azul.

Pódese acceder a ela a través da estrada CA-907 tanto dende Santoña como dende Argoños.