El Puerto de Santa María

Coordenadas: 36°36′N 06°13′O / 36.600, -6.217

El Puerto de Santa María é un concello español situado na provincia de Cádiz, na comunidade autónoma de Andalucía.

El Puerto de Santa María
Localización
El Puerto de Santa María en España
El Puerto de Santa María
El Puerto de Santa María
El Puerto de Santa María en Provincia de Cádiz
El Puerto de Santa María
El Puerto de Santa María
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaAndalucía Andalucía
Provincia Cádiz
ComarcaBaía de Cádiz
Xeografía
AltitudeMar: 0 msnm
Serra de San Cristóbal: 124 msnm
Superficie159.34 km²
Outros datos
Código postal11500
AlcaldeGermán Beardo Caro (PP)
www.elpuertodesantamaria.es

Xeografía Editar

Sitúase sobre a ribeira e desembocadura do río Guadalete. A poboación do concello no ano 2006 era de 83.101 habitantes. A súa extensión é de 159 km² e ten unha densidade poboacional de 522,6 hab/km². Atópase situada a unha altitude de 6 m e a 21 km da capital de provincia, Cádiz.

El Puerto de Santa María sitúase na costa gaditana, no interior da baía de Cádiz, e ao sur da Serra de San Cristóbal; veciño aos municipios de Sanlúcar de Barrameda (estrada A-2002), Xerez da Fronteira, Rota, Puerto Real, e Cádiz por medio da baía. Conta cuns 22 km de costa. El Puerto de Santa María caracterízase polo seu atractivo turístico principal, a praia, e conta cuns 16 km de areal, todos de area fina, e con máis de 3 200 horas de sol ao ano. Dos areais son importantes Fuenterrabía, Santa Catalina (Los Curas, Las Redes, Vistahermosa-El Buceador), Valdelagrana, La Puntilla-La Colorá), La Calita, El Aculadero, a de Levante (onde está unha área naturista) e La Muralla. Unha extensión importante do solo do termo municipal pertence ao Parque Natural Baía de Cádiz.