Baía de Cádiz
A baía de Cádiz é o entrante que o océano Atlántico fai na costa xunto á cidade de Cádiz. Os municipios cuxos termos delimitan o arco da baía son Rota, El Puerto de Santa María, Puerto Real, San Fernando e Cádiz. Nela desembocan o río Guadalete, o Iro e o río Salado de Rota. Por ela discorren o caño de Sancti Petri e o río San Pedro, ademais de presentar grandes extensións de marismas e lagoas. Gran parte da baía está protexida baixo a figura xurídica do Parque Natural da Baía de Cádiz.
Tipo | baía Estuario ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Cádiz ![]() | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Provincia de Cádiz, España e San Fernando, España ![]() | ||||
| |||||
Bañado por | Golfo de Cádiz ![]() | ||||
Afluentes | |||||
Características | |||||
Altitude | 0 m ![]() | ||||
Superficie | 111 km² ![]() | ||||
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Baía de Cádiz |
- Información sobre o Parque Natural Baía de Cádiz. Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine.