Rota, Cádiz
concello andaluz da provincia de Cádiz
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2017.) |
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Rota.
Coordenadas: 36°37′N 6°21′O / 36.617, -6.350
Rota é un municipio andaluz, pertencente á provincia de Cádiz. Ten unha superficie de 84 km², e limita con Chipiona, Sanlúcar de Barrameda e El Puerto de Santa María. Atópase situada a unha altitude de 9 metros e a 36 quilómetros da capital de provincia, Cádiz. No ano 2008 tiña 27.918 habitantes, cunha densidade de 332,32 hab/km².
Rota, Cádiz | |||
---|---|---|---|
Castelo de Luna. | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Comunidade Autónoma | ![]() | ||
Xeografía | |||
Altitude | 9 msnm | ||
Superficie | 84 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 29.125 (en 2011) | ||
Densidade | 346,73 hab./km² | ||
Xentilicio | Roteño/a | ||
Outros datos | |||
Código postal | 11520 | ||
Alcalde | María Eva Corrales Caballero (PP) | ||
www.aytorota.es |
Situada xunto á baía de Cádiz na costa de Océano Atlántico, a medio camiño entre Portugal e Xibraltar, é unha cidade eminentemente turística, un destino de vacacións para viaxeiros procedentes de todos os puntos de Europa. En tempada baixa, a súa principal actividade comercial é a industria pesqueira. No seu termo municipal está situada a Base Naval de Rota.