Colindres

municipio de Cantabria

Colindres é un municipio situado na parte oriental de Cantabria (España). O municipio é un cruzamento de camiños importante entre Santander, Bilbao e Burgos grazas a que por el pasan a Autovía do Cantábrico unindo Santander e Bilbao, a estrada N-629 que une Burgos con Colindres, e tamén a estrada N-634 que discorre por toda a costa cantábrica.

Colindres está formado por un único núcleo de poboación homónimo, con todo a poboación de Colindres divídese en dúas zonas diferenciadas coñecidas popularmente como Colindres de arriba (casco antigo) e Colindres de abaixo (parte moderna). Actualmente estas dúas partes están separadas pola Autovía do Cantábrico, xa que o seu trazado discorre entre as dúas.

Ten unha poboación de 7.677 habitantes.

Vista panorámica de Colindres.
Vista de Colindres na actualidade, coas dúas pontes.