Voto, Cantabria

Coordenadas: 43°21′21″N 3°29′44″O / 43.35583, -3.49556 Voto é un concello da comunidade autónoma de Cantabria (España). Limita polo norte cos concellos de Bárcena de Cicero e Colindres, polo oeste con Solórzano, polo sur con Ruesga e Ramales de la Victoria e polo leste con Limpias e Ampuero.

Voto, Cantabria
Cantabria Secadura lou.jpg
Localización
Voto (Cantabria) Mapa.svg
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaCantabria
ComarcaTrasmiera
Xeografía
Altitude28 msnm
Superficie77,71 km²
Demografía
Poboación2.664 hab. (2009)
Densidade34,28 hab./km²
Outros datos
Código postal39738
AlcaldeJosé Luis Trueba de la Vega (PRC) (2007)

Forma parte da comarca de Trasmiera e por Voto transcorren as rías de Limpias e Rada, incluídas dentro do Parque natural das Marismas de Santoña, Victoria e Joyel. Polo leste atópanse as serras de Breñas, Sel e Mullir, que o separan do val do Asón.

LocalidadesEditar

PatrimonioEditar

  • Cova de “Cobrantes” en San Miguel de Aras, con categoría de Ben de interese cultural.
  • Cova de “El Otero” en Secadura, tamén con categoría de Ben de interese cultural.
  • Palacio do Conde de San Carlos en Valdelastras (Secadura), con categoría de Ben inmoble de interese local.
  • Casa de Velasco, exemplo de arquitectura civil do século XVII, situado no barrio de Angustina de Carasa. O mal estado de conservación do mesmo motivou a inclusión deste monumento na lista de patrimonio en perigo da asociación para a defensa do patrimonio Hispania Nostra.

EconomíaEditar

Un 28,2 % da poboación do municipio emprégase no sector primario, un 12,8 % na construción, un 29,6 % na industria e un 29,4 % no sector terciario.

DemografíaEditar

Evolución demográfica
1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1980 1990 2000 2007
3.151 3.370 3.483 3.598 3.870 4.079 3.698 3.292 2.816 2.661 2.227 2.386

Fonte: INE

AdministraciónEditar

As seguintes táboas expoñen os resultados das eleccións municipais celebradas no 2003 e no 2007.[1]

Eleccións municipais, 25 de maio de 2003
Partido Votos % Concelleiros
PP 665 38,48 % 5
PRC 606 35,07 % 4
PSOE 372 21,53 % 2
  • Alcalde electo: Felipe Alberdi Rodríguez (PSC-PSOE).
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007
Partido Votos % Concelleiros
PSOE 589 33,87 % 4
PRC 531 30,53 % 3
PP 457 26,28 % 3
  • Alcalde electo: José Luis Trueba de la Vega (PRC).

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar